Material de diferentes editoriais
Ola de novo!
Queremos contarvos que ante esta situación tan complicada que estamos vivindo, ademais de Anaya foron diferentes as editoriais que se puxeron en contacto con nós para ofrecernos diferentes recursos e aplicacións para esta tempada. A continuación explicamos cales son e como entrar nelas:
SANTILLANA: descargades a APP “Pupitre” en Play Store. Unha vez dentro dela tedes actividades moi interesantes no apartado de “Librería”, ó escoller un libro se saídes del, despois estará gardado en “Mis cuadernos”.
SM: entrades no seguinte enlace https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa-infantil e alí podedes atopar contos clásicos, contos interactivos, diferentes actividades interactivas e algo de lectoescritura.
EDELVIVES: aquí podedes descargar a APP: Splash kids 3, Splash kids 4 ou Splash kids 5 (segundo a idade dos nenos). Outra APP é NextApp, a cal é a mesma para tódalas idades.
Por outro lado, podedes ir á páxina web https://edelvivesdigital.com/, unha vez alí rexistrádesvos e escolledes “molalaletra” e “qué te cuentas” segundo a idade dos nenos (para isto vamos enviar por abalar un código de acceso).
EVEREST tamén se puxo en contacto, pero ese material vamos a compartilo con vós mais adiante.
Un saúdo,
O equipo de educación infantil