Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2023/2024

Todo aquel alumnado que resultou admitido no noso Centro para o curso escolar 2023/2024 debe formalizar a súa matrícula entre o 20/06/2023 e o 30/06/2023.

Para que a matrícula sexa efectiva deben entregar no Centro a seguinte documentación no prazo anteriormente indicado:

 

Normativa relacionada:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Aberto o prazo de solicitudes das bolsas e axudas do Ministerio de Educación y Formación Profesional para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20/09/2023

 

--> Información sobre a convocatoria <--

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publicada no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

Documentación: Solicitude, Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), fotocopia do libro de familia e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador.

Máis información premendo na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Bases e convocatoria do Concello para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2023-2024

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).

 

Para máis información pincha AQUI 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 O PRÓXIMO 1 DE MARZO ATA O 20 DE MARZO, ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2023-24 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

 

A reserva de praza farase telemáticamente na ferramenta admisión alumnado da Consellería de Educación.  Tamén se pode facer propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita nos seguintes documentos:

NORMATIVA DO PROCESO

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

CALENDARIO DE ADMISIÓN 

VACANTES NO NOSO CENTRO

Ligazón para cumprimentar na aplicación (online).

Anexo II: Formulario de admisión

 

 

3ª ENAPA CURSO 2022-2023

 

ENAPAs |   CURSO 2022-23     |       LAVACOLLA

E  S  C  O  L  A    D  E    N  A  I  S    E    P  A  I  S

 

O vindeiro luns 27 de febreiro de 2023 estades convidados a uhna nova formación para familias (Enapa). Jesús Rey Ferreiro vén aimpartirnos o seu coñecemento e experiencias en “PRIMEIROS AUXILIOS: COMO REACCIONAR EN SITUACIÓNS DE RISCO”. Será nunha aula do Ceip (a concretar segundo aforo), de 16:30 a 18:30h.
 
Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremosn actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Agradecemos que completedes o formulario para inscribirvos na formación e na actividade de conciliación.
 
Agardamos vernos para poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito a Jesús Rey Ferreiro e aos seuscoñecementos 
 

Jesús Rey Ferreiro é un profesional con máis de vinte anos de experiencia no 061, neste curso ensinaranos a actuar en caso de asfixia, convulsións, reanimación cardio - pulmonar (RCP) e emprego do desfibrilador DESA.

 

 

Financia Imparte Organiza Colabora

061

Jesús Rey Ferreiro

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO NO CURSO 2023/2024

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA NOVAS FAMILIAS

SÁBADO 18 DE FEBREIRO

DE 10:30 A 12:30

 

PINCHA AQUÍ PARA SABER MÁIS DE NÓS

 

SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR

DENDE O CONCELLO DE SANTIAGO FANNOS CHEGAR A SEGUINTE INFORMACIÓN

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR

 

1.     

A partir de agora o cobro dos recibos deste servizo será realizado directamente polo Concello de Santiago (desde o mes de xaneiro e sucesivos) e neste proceso segue a colaborar a empresa adxudicataria do Servizo.

Todas as persoas usuarias deben contar cun número de conta bancaria (non se admitirán transferencias), onde efectuar o cargo correspondente.

2.     

A partir do 1 de febreiro iníciase un novo contrato do servizo, coa mesma empresa que xa o está prestando actualmente – Alimentación Saludable Gallega S.L.”. Os prezos tanto de comedor como de madrugadores serán os mesmos para as persoas usuarias.

Seguirá en funcionamento a aplicación APP ColeChef, de comunicación bidireccional donde se pode consultar a programación diaria de menús, a información nutricional e realizar as xestións de contratación dos servizos (altas e baixas). 

 

 

O Departamento de Educación. Concello de Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut