Skip to Content

ATENCIÓN! CAMBIO DE DATA PARA A REUNIÓN DE INICIO DE CURSO COAS NOVAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

ATENCIÓN!

CAMBIO DE DATA PARA A

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO COAS NOVAS FAMILIAS E ALUMNADO DE INFANTIL

 

Convócase para una reunión de inicio de curso ás novas familias de Educación Infantil co alumnado o MARTES 6 de setembro ás 12:30h.

 

Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.

Aberto prazo de matrícula para o comedor escolar do centro dependente do Concello de Santiago

 

O Concello de Santiago abre o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores

O Concello de Santiago informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022-2023.

Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo ata o día 29 de agosto (incluído) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que quedan incorporadas automaticamente.

As solicitudes presentaranse segundo o MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concello) ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

 

MÁIS INFO:

IMPRESO DE MATRÍCULA 2022-2023

INFORMACIÓN APP COMEDOR XIXIREI

Páxina Web do Concello co contido

 

Listaxe definitiva Fondo Libros

FONDO LIBROS 22/23

Xa esta dispoñible no taboleiro do centro a listaxe definitiva da adxudicación do Fondo Libros 2022/2023.

 

Pódese consultar no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

LEMBRADE

 

1.     Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.

2.     O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)

3.     O alumnado de 3º e 4º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material. 

4.     O alumnado de 5º e 6º non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

DISPOÑIBLES NO CENTRO OS VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º EP

 

 VALES DE ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 22/23

Xa estan dispoñibles no centro os vales de adquisición de material escolar 2022-2023 do alumnado beneficiario.

Pódese recoller en horario de 10:00 a 13:00 horas durante esta semana, do luns 11 ao venres 15 de xullo. 

En setembro tamén se poderán recoller, xa que as listaxes de material para cada curso non se publicarán ata esas datas.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDO LIBROS 22/23

 

 FONDO LIBROS 22/23

Xa esta dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional da adxudicación do Fondo Libros 2022/2023.

 

Pódese consultar no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

LEMBRADE

1.     

Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.

2.     

O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)

3.     

O alumnado de 3º e 4º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material. 

4.     

O alumnado de 5º e 6º non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O xoves día 14 publicarase a LISTA DEFINITIVA.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA en Educación Infantil e Primaria será do 

 

20 ao 30 xuño de 2022.

 

O alumnado que xa estivo matriculado no centro durante o curso 2021/2022 non ten que facer este trámite.

 

Documentación a presentar:

 

Formulario de matrícula ANEXO III cuberto.

 

Ficha de datos

 

Enquisa situación lingüística (só alumnado de Ed. Infantil)

 

Cuestionario de idioma (só alumnado de Ed. Infantil)

 

Rexistro de alerxias e intolerancias 

 

Autorización seccións bilingües plástica (Inglés) para alumnado de Primaria de 3º a 6º

 

- Copia do DNI da persoa solicitante.

 

Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (DNI ou libro de familia) 

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

Certificación académica se ven doutro centro.

 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

- Tres fotografías tamaño carné.

FESTA FIN DE CURSO "ANPA LANDRAS" CURSO 2022

FESTA DE CURSO ANPA   |   2021-22   |   LAVACOLLA
ANPA LANDRAS

 

 

 

Estimadas familias!

Este venres 17 a partir das 16:00h teremos unha pequena festa de fin de curso organizada pola ANPA. Teremos un monte de xogos, música, merenda e refrescos. 

Se vos apetece cubrir unha breve enquisa para axudarnos a organizala, sería de moitísima axuda. Tedes o link no Abalar enviado onte.

 

 

Moitísimas grazas e ata o venres!

4ª ENAPA “TECNOLOXÍAS e PANTALLAS NAS CRIANZAS” CON MERCEDES URBIOLA

ENAPAs    |   CURSO 2021-22   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro luns 13 de xuño, teremos a cuarta formación para familias (Enapa) deste curso. Voltará a pedagoga e guía Mercedes Urbiola Ituarte, quen ven a impartirnos coñecemento e experiencias en “TECNOLOXÍAS e PANTALLAS NAS CRIANZAS”. Ofreceranos a súa bagaxe coas crianzas e os dispositivos. Será na biblioteca* do Ceip, de 17:30 a 19:30.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo  libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Mercedes Urbiola e ós seus coñecementos.

 

A nosa relatora leva moitos anos traballando coas crianzas, a súa educación e o seu desenrolo. Convive a diario coa rapazada mais nova, é formadora de guías, de adultas e asesora de familias. 

Adentarémonos a coñecer o uso adecuado das novas tecnoloxías e o seu impacto real no desenvolvemento cognitivo, físico e social dos nosos fillos e fillas.
Queres coñecer o uso adecuado das novas tecnoloxías?
O impacto que teñen no desenvolvemento e na saúde das túas crías?
Alternativas educativas para levar a cabo?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut