Skip to Content

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS- ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NO IES DE SAR- CENTRO ADSCRITO- ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES de Sar. 

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1.    Cubrir a solicitude online e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar e seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. (Enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action).

 

 

 

2.    Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 

 

3.    Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

O resto do alumnado, desde infantil ata 5º primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia

AGRADECEMENTO PARA AS NOSAS FAMILIAS

 

Estimadas familias, 

 

Non hai verbas para explicar o agradecidas que estamos con todas e todos vós. Sen o voso empuxe, traballo duro, dedicación e apoio nestes últimos días o centro non luciría esplendoroso como hoxe. Fostes, e sodes, un gran exemplo para as vosas (e nosas) crianzas. Unha aprendizaxe de traballo en comunidade que de seguro non se esquecerá facilmente.

Xuntas facemos o Xixirei.

 

Grazas. Grazas. Grazas. 

 

A equipa directiva.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO XIXIREI

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO XIXIREI

 

Estimadas familias, 

 

Comezado o curso e xa coas obras rematadas, invitámosvos a acudir a unha Xornada de Portas Abertas na que poderedes visitar o centro libremente e ver de primeira man o resultado destes meses de duro traballo. Para finalizar poderemos compartir un agradable momento xuntas compartindo uns petiscos en agradecemento polo voso apoio.

 

A xornada será este sábado, día 10 de setembro, de 10:30 a 12h.

 

Esperamos a vosa visita! 

 

Un aperta.

 

A dirección.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA CURSO 2022-2023

AQUI pode consultar os libros de texto para o curso 2022/2023

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria non utilizarán libro de Inglés. Non hai que compralo.

O alumnado de 3º de Primaria si utilizará libro de Inglés con Activity Book. Hai que compralo (excepto os beneficiarios do fondo libros, que tamén terán que comprar o Activity Book por ser material funxible).

O alumnado de 4º de Primaria soamente comprará o Activity Book, xa que hai libros suficientes do banco de Libros para o alumnado. 

 

 

BANCO DE AVEÑOS

Estimadas familias:

Xa de novo no centro escolar, escribimos para pedir, e logo poder ofrecer.

Temos o "Banco de Aveños" onde podemos ir "cedendo" distintos materiais e utensilios que xa non usades, maiormente porque van medrando as crianzas, e outras mais pequenas do centro poden reutilizar.

O que solicitamos son:

- Roupa de augas (Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns ou monos+botas incorporadas todo impermeable, que estea nun estado aceptable para que o continúe a gastar outra crianza).
- Mandilóns para infantil (se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose)
- Libros do currículo escolar (xa sexan das lecturas recomendadas ou dos propios cursos, que poidan ser reutilizados)

Neste momento ofrecemos:


- 4 pares de botas de auga, das tallas 22, 23, 25 e 33.
- Moitos patíns, para a extraescolar de patinaxe, que publicaremos cando se oferten as actividades.

Para ofrecer calquera material so tendes que cubrir este sinxelo formulario:
https://form.jotform.com/210883794430359

Para solicitar as botas que hai agora mesmo, so tendes que escribir un correo-e a material.landras@gmail.com e xa vos poñen en contacto co doador para que fagades a entrega.

Para solicitar material o único requisito é ser do Xixirei.

Moitas grazas.

ANPA LANDRAS

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 3º DE PRIMARIA: LUNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 18H.

Comezo das clases do novo curso 22-23

 

Benvidas ao curso 22-23!

Comezan as clases mañá xoves, 8 de setembro. O horario de entrada será ás 08:55 ata ás 9:00 e o de saída ás 13:50 para Educación Infantil, e para Educación Primaria ás14:00 horas. A entrada e saída farase como o curso pasado: o alumnado transportado entrará polo portalón de principal e o alumnado acompañado polas familias entrará so polo portalón situado no pavillón multiusos.

Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estarán dúas persoas de garda para o alumnado transportado. Ás 08:55 abriranse as portas para que tanto o alumnado de Educación Infantil como o alumnado de Educación Primaria poda acceder ás aulas onde xa estará o resto de profesorado agardando.

O alumnado de Infantil poderá acceder ata o edificio vello (nova ubicación) coas súas familias. O alumnado de primaria estrará só ao recinto. A partir das 09:00 a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón.

 Para a recollida na saída, as familias agardarán na entrada do pavillón onde o profesorado fará entrega do alumnado a partir das 13:50 en Educación Infantil e as 14:00 en Educación Primaria.

Os días de choiva o profesorado de Educación Infantil entregará ás crianzas no patio cuberto.

Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO 22-23

Distribuir contido


by Dr. Radut