Skip to Content

3ª ENAPA CURSO 2022-2023

 

ENAPAs |   CURSO 2022-23     |       LAVACOLLA

E  S  C  O  L  A    D  E    N  A  I  S    E    P  A  I  S

 

O vindeiro luns 27 de febreiro de 2023 estades convidados a uhna nova formación para familias (Enapa). Jesús Rey Ferreiro vén aimpartirnos o seu coñecemento e experiencias en “PRIMEIROS AUXILIOS: COMO REACCIONAR EN SITUACIÓNS DE RISCO”. Será nunha aula do Ceip (a concretar segundo aforo), de 16:30 a 18:30h.
 
Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremosn actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Agradecemos que completedes o formulario para inscribirvos na formación e na actividade de conciliación.
 
Agardamos vernos para poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito a Jesús Rey Ferreiro e aos seuscoñecementos 
 

Jesús Rey Ferreiro é un profesional con máis de vinte anos de experiencia no 061, neste curso ensinaranos a actuar en caso de asfixia, convulsións, reanimación cardio - pulmonar (RCP) e emprego do desfibrilador DESA.

 

 

Financia Imparte Organiza Colabora

061

Jesús Rey Ferreiro

 



story | by Dr. Radut