Skip to Content

SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR

DENDE O CONCELLO DE SANTIAGO FANNOS CHEGAR A SEGUINTE INFORMACIÓN

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR

 

1.     

A partir de agora o cobro dos recibos deste servizo será realizado directamente polo Concello de Santiago (desde o mes de xaneiro e sucesivos) e neste proceso segue a colaborar a empresa adxudicataria do Servizo.

Todas as persoas usuarias deben contar cun número de conta bancaria (non se admitirán transferencias), onde efectuar o cargo correspondente.

2.     

A partir do 1 de febreiro iníciase un novo contrato do servizo, coa mesma empresa que xa o está prestando actualmente – Alimentación Saludable Gallega S.L.”. Os prezos tanto de comedor como de madrugadores serán os mesmos para as persoas usuarias.

Seguirá en funcionamento a aplicación APP ColeChef, de comunicación bidireccional donde se pode consultar a programación diaria de menús, a información nutricional e realizar as xestións de contratación dos servizos (altas e baixas). 

 

 

O Departamento de Educación. Concello de Santiago



story | by Dr. Radut