Ao longo deste curso, na aula de 4º de Ed. Primaria, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura no tempo destinado á Hora de ler.
Limos na aula o libro “DELFINES AMIGOS” e traballamos a comprensión lectora do mesmo axudando aos alumnos/as extraer as ideas principais.
Levamos a cabo “CONCURSOS DE LECTURA”. Limos na aula en voz alta RITA Y LADRONES DE TUMBAS”. Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.
Traballamos o poema “A Margarita Debayle” memorizando as súas estrofas para poder recitalo.
Outra das actividades consistiu na lectura do libro “¿Quién usa las papeleras”?.
Ademais, como estamos a participar no proxecto de meteoescolas, do plan Proxecta, tamén limos unha serie de libros relacionados coa meteoroloxía:
A partir do libro da atmosfera, grabamos un video sobre o aire . Para que serve o aire?
Ademáis tamén traballamos:
Traballamos a poesía de Pura Vázquez e participamos na homenaxe que lle fixeron polo seu centenario na ínsula dos poetas.
Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos.
Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”…
Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.
Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:
En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades.
“Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“
Federico García Lorca
Ao longo do curso fixemos lectura compartida libros en galego e en castelán, tanto de narrativa como de poesía:
No marco do proxecto de METEOROLOXÍA, lemos e comentamos varios libros editados pola AEMET e que serviron de base ao noso proxecto: Os Meteorólogos do Sueiro.
Realizamos as seguintes actividades:
Este ano realizamos, igual que no curso anterior , un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA polo que , adicamos parte dese tempo á lectura dos libros que eliximos para o concurso mensual, alternando lecturas de libros en galego e en castelán .
Realizamos cinco concursos no presente curso e os títulos traballados foron:
Ademais, e dentro da hora de ler, o alumnado do 2º curso de primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:
Na lectura de libre elección por parte do alumnado entraron tanto libros propios da casa como os de préstamo da biblioteca do centro.
A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso na aula de Ed. Infantil coma no resto dos cursos do cole.
Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
Ao longo do curso, realizamos múltiples actividades na Hora de ler, entre as que destacamos:
A Hora de ler é uha das actividades do Plan de lectura que máis lles gusta ao alumnado. Encántanlle os contos, as rimas, poesías, cómic,...
THE BLUE FAIRY
Despois da súa visita no día das bibliotecas, na que a Blue Fairy presentounos aos seus amigos. Os máis peques do cole aprenderon xunto a ela a importancia da calma e do bo pensar.
Ademais, coñecemos a todos os seus amigos: cat, dog, rabbit, deer, bear and hedgehog. Se te fixas ben, todos eles teñen algo blue...
Serás quen de atopalo?
Subidos ao seu elephant disfrutamos dunha viaxe apaisoante polo mundo das emocións.
E a tarxeta leva agochada unha sweet surprise.
NAMASTÉ BLUE FAIRY!
O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots.
Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:
Entre outras, relizamos as seguintes actividades:
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO
MY HOME, OUR HOME, THE PRADO MUSEUM
Con este proxecto quixemos dar un paso adiante no coñecemento do Museo del Prado, como protector e fogar da arte ( de aí o título do proxecto ), coñecendo os seus arredores, a súa ubicación, as diferentes salas, as xentes que alí traballan, compartindo as sensacións que nos fan sentir os artistas e aprezalo como espazo cheo de vida.
Descubrimos o que se atopa tras a porta secreta do Museo del Prado. Anímaste a abrila?
Convertémonos en artistas creando as nosas propias obras de arte, elaboramos unha guía de lectura sobre o Museo del Prado, visitamos a exposición “O eco das amazonas” do artista Baldomero Moreiras na Sala Valente, construímos o noso recuncho da arte, organizamos visitas guiadas ao Sueiro Museum e recitamos a chant “Two Ms: Museums and Music”.
WELCOME TO THE SUEIRO MUSEUM!!!
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO REALIZADO
No mural de meteoroloxía o alumnado de 3º de Ed. Primaria é o encargado de actualizar e manter as novas relacionadas co proxectos de Meteoescolas que se está a desenvolver no noso centro.