Skip to Content

5º Curso

Ecopercusión

O 23 de novembro realizamos na aula de psicomotricidade do cole un obradoiro de percusión da man de Edgar.

A actividade consistiu nunha clase práctica de ecopercusión no que so se empregaron materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprendemos a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecemos técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

Creamos poliritmias experimentando con distintos ritmos (afrocaribeños, conga, Batucada…. ).

O produto final do traballo realizado foi unha gran obra que tivo as seguintes partes: introdución, ritmo, cortes e final, que se poden contemplar no vídeo final de máis abaixo.

Foi unha experiencia sensacional onde todo o alumnado e profesorado participante saíu entusiasmado.

Xogando ao atletismo en Sportur

O 19 de novembro participamos nunha xornada de atletismo que organizou a Federación de atletismo e o Servizo de deportes da Consellería dentro das actividades que se desenvolveron na IV edición da Feira do deporte Sportur.

Un total de 10 colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense practicando a modalidade deportiva Xogando ao atletismo. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, saltos, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade.

Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que comecen as probas do Deporte escolar que se levan sen celebrar desde hai máis dun ano.


Resultados das probas


 

 

Plan Director: Redes sociais e acoso escolar

O 4 de novembro, visitou o noso centro unha axente do Corpo Nacional de Policía para traballar co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre a temática recollida no “Plan Director”.

A exposición estivo centrada en dous temas, como son as redes sociais e o acoso escolar. Temáticas de plena actualidade na nosa sociedade e que ao noso alumnado lle interesou moito sobre todo pola grande cantidade de preguntas que realizaron sobre o uso dos teléfonos móbiles, vídeo xogos e plataformas de redes sociais.

Agardamos repetir a actividade co alumnado no curso que ven debido ao interese mostrado, tanto polos docentes como polo alumnado.

Magosto 2021

O 12 de novembro celebramos no polideportivo do centro a festa do magosto.

Este ano, disfrutamos do menú de outono que nos serviu e preparou o profesorado do noso centro: bolos preñados, empanada, bica e as protagonistas da festa, as castañas, asadas con moita paciencia polo profe Millán.

Unha vez rematada a merenda, a mestra de educación física organizaou dez estacións de xogos populares polos que fomos pasando todos os cursos do cole.

Para rematar, bailamos e realizamos actividades de percusión.

Pena que só se celebre un día ao ano!!

 GALERÍA DE IMAXES

https://photos.app.goo.gl/iaPdW9HrpqsaWe358


TRABALLOS FEITOS EN CLASE



 REPORTAXE DE TELEMIÑO PARA O XORNAL ESCOLAR


 

DO IT NOW!

Non podemos esperar máis, temos que facelo agora xa.

Por eso, para conmemorar o día internacional contra o cambio climático, o 24 de outubro, todos no noso cole puxemos as nosas voces para acadar que o noso planeta sexa a nosa HOME GREEN HOME.

Non queremos pelexas, discusións, perdas de tempo, ..., queremos poñernos XA a mudar este xeito de vida contaminante por outro alternativo, máis limpo e GREEN.

JOIN US TO CHANGE THE WORLD AND SING FOR THE CLIMATE!

https://www.youtube.com/watch?v=ZQ7TSlArK6Y

Auga, cada pinga un tesouro

Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria.

Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF.

Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de  non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida.

Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe.

Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco.

Exposición do Samaín 2021

TRABALLOS MÁIS VOTADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO

Aforro de auga

Durante o mes de novembro de 2021 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo do aforro da auga para o cal se levaron a cabo diversas actuacións.

  1. Traballo coa Aula Virtual de Viaqua dentro da actividade AQUALOXIA.
  2. Comprobación e revisión das billas de auga do colexio. Os  resultados son positivos detectando soamente unha pequena fuga na billa preto da fonte. As billas comprobadas foron as seguintes:
    1. Baños das nenas (planta superior). Correcto.
    2. Baños dos nenos (planta superior). Correcto.
    3. Baños dos mestres (planta inferior). Correcto.
    4. Baños dos nenos (planta inferior). Correcto.
    5. Baños das nenas (planta inferior). Correcto,
    6. Comedor escolar: billa e fonte (planta inferior) Correcto.
    7. Baños das nenas. Aula psico (planta inferior). Correcto,
    8. Baños dos nenos. Aula psico (planta inferior). Correcto.
    9. Rego exterior por goteo. Correcto.
    10. Fonte exterior. Correcto.
    11. Billa onde se conecta a mangueira exterior. NON CORRECTO. Perda de auga sendo preciso a súa reparación,
  3. Realización de dúas enquisas sobre o consumo e aforro da auga na casa.
  4. Realización de carteis informativos sobre o uso e aforro da auga.  
  5. Preparación da obra de Nadal co título “Salvemos o nos planeta”

 

Escalando no rocódromo do pavilllón de Ourense

O pasado 25 de maio participamos nunha actividade que organizou a Secretaría para o Deporte no rocódromo do Pavillón de Ourense e que foi xestionada por membros do Club Alpino de Ourense.

A actividade foi recibida con moito entusiasmo polo noso alumnado, xa que se divertiron moitísimo realizando as actividades que lles ían propondo os monitores.

Para o próximo ano pensamos repetir.

Na galería de imaxes podedes ver o valentes que somos!

Practicando bádminton

Ao longo do segundo trimestre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria estivo practicando bádminton nas clases de Educación Física.

Na última semana fíxose entrega de diplomas a todas as persoas participantes por ter superado con creces os abxectivos propostos:

  • Alumnado de 4º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 5º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut