Skip to Content

5º Curso

PDI de 5º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, o alumnado de 5º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva o título: "O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta!

A memoria do proxecto está dispoñible na seguonte ligazón: Memoria en pdf.

Nas seguintes ligazóns reflectimos as actividades realizadas ao longo do curso para desenvolver o noso proxecto:

Mochilas viaxeiras

No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • Lingua Galega.
    Kika Superbruxa no Castelo de Drácula. Ed. Bruño.
  • Lingua castelá.
    Los forasteros del tiempo. La aventura de los Balbuena y el pequeño ganster. Ed. SM.
    Reportero DOC.
    Nº 271
    Nº 269
    Papagaio nº 9.

2º mochila:

  • Lingua Galega.
    Kika Superbruxa e no país de Liliput. Ed. Bruño.
  • Lingua castelá.
    Perrock holmes. Se ha escrito un secuestro. Ed. Montena.
    Reportero DOC.
    Nº 270
    Nº 272
    Papagaio nº 6.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

El asesinato de la profesora de lengua

O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro  “El asesinato de la profesora de lengua” de Jordi Sierra i Fabra da editorial Anaya durante o período comprendido entre o 19 de abril e o 20 de maio.

Este libro conta a historia dunha profesora de lingua chamada Soledad, ela amaba ensinar e un dos seus propósitos como educadora era inculcar nos seus alumnos o amor pola lectura. Ela tratou a maneira de dar o seu maior esforzo para conseguilo, pero despois dun tempo decidiu avaliar ao seu grupo de alumnos para ver canto aprenderan. Ese día a profesora Soledad leva unha gran sorpresa, ao avaliar aos seus alumnos deuse conta de que os seus esforzos foran en balde, xa que os seus alumnos non aprenderan nin a máis mínima cousa do que ela lles ensinou, así que por conseguinte a maior parte dos estudantes estaban a piques de perder a materia de lingua. Ante iso a profesora Soledad decidiu facer un último intento por conseguir que os seus alumnos aprendesen a arte da lectura. Así que con axuda da directora e un primo dela quen se fixo pasar por un inspector, levou a cabo o seu plan.

Ao día seguinte os alumnos da profesora Soledad esperaban como era de costume que a súa profesora entrase pola porta do salón para dar a súa clase, pero é día quen entro ao salón de clases foi o inspector e a directora, a cal levaba nas súas mans unha carta escrita pola profesora Soledad que dicía que se volveu tola por culpa dos seus alumnos e que por iso mataría a un deles ás oito da tarde.

Para evitar que pasase esa suposta traxedia debían descubrir onde se atopaba escondida a profesora Soledad por medio de pistas que ela lles ía a dar. Eles debían atopala antes das oito da noite, que era a hora que ela levaría a cabo o seu plan. Os alumnos ao escoitar a arrepiante carta quedaron atónitos ao pensar que podía ser calquera deles quen correría coa mala sorte de que a profesora Soledad o matase. Así que de inmediato comezaron a procura de pistas para poder dar co paradoiro da profesora de lingua.

Tasio, Gaspar e Ana foron os primeiros en atopar a primeira pista que estaba oculta nun xornal. O plan da profesora Soledad era que cada pista atopásese oculta nalgún documento de lectura, para poder descifrar as pistas os seus alumnos debían ler o documento completo, pola contra non poderían chegar ata ela. Dese xeito a profesora Soledad lograría que os seus alumnos poñan en práctica a lectura.

Con dificultade, os alumnos van descubrindo aos poucos as pistas, en total eran oito e cada pista contiña unha letra que ao unilas descifraba o lugar onde se atopaba a profesora de lingua. Cando os alumnos atopan a última pista decatáronse que quedaban soamente tres minutos para as oito da noite, e que o prazo de tempo estaba por vencerse, así que correron a fume de carozo ao lugar que sinalaban as pistas. O lugar era un parque, no que se atoparía a mestra de Lingua, os alumnos ao chegar a lugar levaron a gran sorpresa de que a mestra de lingua non se atopaba soa, ela encontrábase acompañada da directora e do seu primo quen se fixo pasar polo inspector. Alí a profesora confesoulles que todo fora un plan para lograr que eles aprendesen máis sobre a lectura. A profesora felicitou aos seus alumnos e como recompensa por lograr descifrar as pistas, recompénsolles cun gran premio que sería, aprobarlles a materia de lingua.

As actividades realizadas durante o mes de maio e abril e maio de 2022.

O alumnado ilustrou as diversas personaxes do asasinato da profesora de lingua :

  • Soledad, é unha mestra caracterizada por ser unha persoa decidida e entregada á súa profesión, ela fai o imposible para que os seus alumnos teñan unha mellor educación.
  • Ana, é unha estudante sobresaliente a cal é unha das primeiras en atopar as pistas.
  • Tasio, é outro dos alumnos da profesora Soledad, o cal tamén é un dos primeiros en atopar as pistas.
  • Gaspar é o terceiro alumno da profesora Soledad, que aínda que se lle dificulta un pouco a escola, xunto ás súas outros dous amigos logra descubrir as pistas.
  • A directora, axuda á profesora para levar a cabo o plan, ela cre que tratándose de mellorar a educación dos estudantes, ela está disposta a todo.
  • O inspector, quen se fai pasar por ser un inspector no caso da Profesora, ao final termina sendo o primo de Soledad, quen a axude co seu plan.

 

Alguén roubou o inverno

O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro  “Alguén roubou o inverno” de Xosé Antonio Perozo, libro editado pola Deputación de Ourense para conmemorar a 8º semana escolar da árbore e da auga.

O libro foi traballado na última semana do mes de marzo e nas dúas primeiras do mes de abril. Alguén roubou o inverno conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza. A natureza está ameada por Míster Retope, quen representa o mal e o desprezo polo medio ambiente. A aventura comeza partindo dunha visita ao encoro de Alto Lindoso neste mesmo ano 2022, no momento en que as vilas ourensás asolagadas en Lobios emerxeron por mor da seca, para a continuación centrarse no suceso dunha corta clandestina de ameneiros que está sucedendo no Támega, entre Verín e Laza. Rematando coa importancia da influencia humana no cambio climático.

Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas:

  • Actividade 1. Leamos o libro de xeito colectivo, alternando voces, ou sinalando un narrador ou narradora e adxudicando os distintos personaxes. Logo comentemos o contido da historia e establezamos un debate.
  • Actividade 2. Debuxemos un cómic.- Crearemos cinco viñetas nas que debuxaremos os personaxes da historia que interveñen nas páxs. 14-15, en distintas actitudes. Logo escribiremos na orde espacial correcta os diálogos e a narración comprendida desde “Pero cando o grupo ía de aquí...” ata “-Pois ábreo! Bule!
  • Actividade 3. Coñecemento do medio.- No conto noméanse algúns lugares da provincia, fagamos que o alumnado os atope e, deseguido, pidamos que engada algúns máis que poida coñecer. Tamén faremos as súas correspondentes fichas.
  • Actividade 4. O ameneiro é a árbore que plantaremos este ano. Fagamos unha ficha para coñecelo mellor. Esa ficha, ademais das características, pode estar enriquecida con fotos, debuxos, etc.
  • Actividade 5. Traballo de investigación sobre as árbores.- Nun esquema do desenvolvemento dunha árbore coloquemos a seguinte terminoloxía: cambium, floema, xilema, leñosa, felóxeno, cortiza, anel anual, durame e albura. O alumnado deberá buscar nos dicionarios, enciclopedias, web, etc. o significado de cada palabra e definilas.
  • Actividade 6. Traballo de investigación sobre a auga.- Nun exercicio similar ao anterior debuxemos o círculo do ciclo hidrolóxico e traballemos os seguintes conceptos: hidrosfera, evaporación, condensación, precipitación infiltración, escorrentía, circulación subterránea, fusión e solidificación.
  • Actividade 7. Traballo de campo.- Localizar na nosa contorna os posibles muíños de auga existentes, facer un inventario dos mesmos e do seu estado de conservación.
  • Actividade 8. Investigar o clima.- Nas páxinas 12 e 13 don Pitágoras fai unha exposición sobre os datos coñecidos do clima historicamente e logo fai dúas propostas de traballo para realizar polo seu alumnado. Tomémoslle a palabra e fagamos nós o mesmo.
  • Actividade 9. Roubo do inverno.- Nas páxinas 20 e 21 faise referencia a unha reportaxe dun xornalista que fala do roubo do inverno. Analizar as razóns que o autor do traballo expón. Comentalas e analizalas.
  • Actividade 10. Plástica.- Creemos unha campaña gráfica mediante carteis e dípticos de conciencia ambiental, protección das árbores e das augas, de coñecemento das nosas especies, etc.
  • Actividade 11. Estudo da paisaxe.- Recollamos fotografías de distintas paisaxes ourensás e tentemos analizar as súas características e o impacto da acción humana.
  • Actividade 12. Debate. Xeremos na aula un debate sobre a actitude da Ecopanda fronte aos intereses de Míster Retope. Como actuariamos nós? Nun caso similar, sen contar con 3R0.25, que deberiamos facer? Avisar as autoridades? Converternos en heroes? É posible que existan moitos Míster Retope? A quen representa en realidade este personaxe? Que ensina a Ecopanda?

As actividades realizadas durante a semana do 28 de marzo ao 8 de abril de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto.

Hora de ler de 5º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Manuel Rego García e por Dna. Dolores Hervella Navarro, centrándose nos seguintes obxectivos.

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a cultura de Dinamarca.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre:

LIBRO 1º: Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl da editorial Alfaguara Juvenil.  
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia de Charlie Bucket.

LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais.  
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único.
Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.

2º trimestre:

LIBRO 3º: Formigas. Misión Rosalía da editorial Xerais.  
O libro foi traballado nos meses febreiro e marzo do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL que son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

LIBRO 4º: Alguén roubou o inverno editado pola Deputación de Ourense.
O libro foi traballado na última semana do mes de marzo e nas dúas primeiras do mes de abril. Alguén roubou o inverno conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza.

3º trimestre:

LIBRO 5º: El asesinato de la profesora de lengua  da editorial Anaya. 
Este libro conta a historia dunha profesora de lingua chamada Soledad, ela amaba ensinar e un dos seus propósitos como educadora era inculcar nos seus alumnos o amor pola lectura.

LIBRO 6º: La vuelta al mundo en 80 días. da editorial Almadraba. 
O libro foi traballado ao longo do 3º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia do cabaleiro inglés Phileas Fogg, que, acompañado do seu criado Picaporte, quere demostrar á sociedade da súa época que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días.

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

Obradoiro de saúde bucodental

O xoves 7 de abril realizamos no noso centro a actividade centrada na saúde bucodental.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda sesión para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

A charla foi levada a cabo por unha hixenista que nos ensinou, entre outras cousas, a cantidade de azucre que teñen os produtos e a importancia dun bo lavado de dentes. 

Saúde bucodental

Día da árbore

Ao longo da semana do Día da árbore realizamos diversas actividades encamiñadas a fomentar a defensa do medio ambiente que estamos a traballar no PDI deste curso. Unha delas consistiu na plantación de árbores no pátio do noso colexio.

O alumnado máis cativo do cole plantou unha cerdeira que mercamos nun viveiro próximo ao noso centro.

O alumnado máis maior plantou unha ameneira que nos facilitou a Deputación de Ourense.

Pantasmas explosivas

 

Experimentos sobre a función de nutrición

EXPERIMENTO SOBRE O APARELLO DIXESTIVO

 EXPERIMENTO SOBRE O APARELLO CIRCULATORIO

Distribuir contido


by Dr. Radut