O 19 de novembro participamos nunha xornada de atletismo que organizou a Federación de atletismo e o Servizo de deportes da Consellería dentro das actividades que se desenvolveron na IV edición da Feira do deporte Sportur.
Un total de 10 colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense practicando a modalidade deportiva Xogando ao atletismo. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, saltos, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade.
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que comecen as probas do Deporte escolar que se levan sen celebrar desde hai máis dun ano.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Resultados Xogando ao Atletismo 2021.pdf | 79.75 KB |