Día de Rosalía

Celebración do Día de Rosalía en 2º EP

Celebración do Día de Rosalía en Segundo de Primaria!

Na semana do Día de Rosalía, os nenos e nenas de segundo de educación primaria levaron á práctica na súa aula as propostas da Asociación de Escritores e Escritoras en lingua Galega (AELG) relacionadas co legado literario desta destacada figura da nosa cultura.

Nesta ocasión, a celebración centrouse no traballo na aula de varias estrofas do libro "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro. O alumnado tivo a oportunidade de mergullarse na riqueza da súa poesía, explorando a profundidade dos seus versos e comprendendo a importancia da súa contribución á literatura galega.

As actividades propostas pola AELG permitiron aos nenos e nenas conectar co universo poético de Rosalía dunha maneira lúdica e educativa. Desde a lectura de fragmentos seleccionados, ata o recitación e gravación en vídeo das estrofas traballadas. Os nenos e nenas demostraron un gran interese e entusiasmo por descubrir máis sobre esta emblemática escritora.

Este actividade serviunos para fomentar o amor pola literatura galega e promover a creatividade e a aprendizaxe na aula.

Celebración do Día de Rosalía

Celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso Colexio!

O día de Rosalía de Castro foi unha xornada chea de creatividade, poesía e tradición no noso cole. Conmemorando o legado desta gran poetisa galega, organizamos unha serie de actividades que involucraron a toda a nosa comunidade educativa.

Unha das actividades máis destacadas foi o obradoiro de decoración de camisetas, onde os nenos e nenas puideron plasmar o rostro de Rosalía de Castro. Utilizando a imaxe creada pola talentosa ilustradora Abi Castillo, cada camiseta converteuse nunha obra de arte única, reflectindo o profundo respecto e admiración cara a esta figura literaria.

Ademais, levamos a cabo unha emotiva recitación colectiva na aula de psicomotricidade do poema "Miña Casiña, meu lar". Este poema, traballado nos días previos na aula a través do libro ilustrado de Blanca Millán, cobrou vida nas voces de todo o alumnado do centro. Foi un momento cheo de emocións onde puidermos apreciar a beleza e a riqueza da nosa lingua.

Para rematar esta xornada tan especial, mergullámonos nunha tradición gastronómica: a preparación do "caldo de gloria". Cada neno e nena contribuíu cun dos cinco ingredientes ao pote (pan de broa, fariña munda, repolo, unto e boliños do pote), simbolizando a importancia da colaboración e o traballo en equipo. Este xesto non só nos conecta coas nosas raíces culturais, senón que tamén nos ensina o valor de compartir e coidar as nosas raíces.

O Día de Rosalía de Castro foi unha oportunidade invalorable para honrar a nosa identidade galega, fomentar o amor pola poesía e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade educativa.

Seguimos comprometidos en cultivar o aprecio pola nosa cultura e seguir inspirándonos en grandes figuras como Rosalía de Castro.


MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA


  •  Poema "Miña casa, meu lar" ilustrado por Blanca Millán.
  • Traballos realizados polo alunado de 1º de EP.
  • Poema de Cantares Galegos traballado en 2º de EP

 

Día de Rosalía de Castro 2023

O alumnado de 1º de EP recitou o poema de Rosalía de Castro "Vamos bebendo" para conmemorar a data do seu 186 cumpleanos.

Para conmeorar esta data, todo o alumnado do centro participou na realización dun camisivai sobre a via e obra de Rosalía de Castro. Cada clase encargouse da realización dun par de láminas para representar.

Día de Rosalía 2022

Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos o Día de Rosalía no CEIPP Manuel Sueiro, conmemorando o seu aniversario coa realización de diversas actividades:

  • O alumnado traballou a figura de Rosalía de Castro ao longo de toda a semana empregando, fundamentalmente, os recursos facilitados polo EDL do cole e o Seminario Galán. Rematamos a semana elaborando un gran mural alusivo á escritora con toda a información recadada.
  • A maioría do alumnado, tamén participou nunha proposta expresiva que este ano consistiu na decoración dunha postal na que figuraba impresa a imaxe de Rosalía. Os nenos e nenas decoraron e escribiron unhas estrofas de Rosalía escollidas por eles mesmos na exposición de libros que o equipo de biblioteca elaborou.

 

Día de Rosalía de Castro 2021

Este ano, a celebración do Día de Rosalía, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, o alumnado estivo estudando, ao longo desta semana, sobre a vida e obra da nosa galega ilustre.

Uns foron detectives, outros buscaron tesouros escondidos e outros intentaron ser millonarios con Rosalía, dende logo todos aprenderon moitísimo da escritora. Para demostrar os seus coñecementos, o último día da semana, celebramos un concurso no que houbo premios.

NORABOA A TODOS!!!

O alumnado de Ed. Infantil traballou o poema de "Adiós ríos, adiós fontes" e decorou unha máscara de Rosalía co poema:

Día de Rosalía

Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web.

Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.

 

 

 

Distribuir contido