A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.
Os máis cativos do cole, no primeiro trimestre, aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.
Visitaron a biblioteca unha vez por semana, e traballaron coas seguintes normas:
- Entrar en silencio
- Coller os libros cando diga a profesora.
- Non interromper aos nenos/as que estean nela.
- Sentarse ordenadamente sen arrastrar cadeiras...etc
Asemade realizaron outras actividades de formación:
- Observaron os andeis dicindo a diferenza entre os que estean coa letra vermella e coa amarela.
- Colleron algún libro en castelán e en galego.
- Escolleron algún conto para contarlles na biblioteca .
- Fixeron debuxos do conto.
- Debuxaron a biblioteca.
- Cada venres ían á biblioteca para cambiar o libro da mochila viaxeira.
As actividades gustáronlle moito pois a biblioteca é un lugar máxico para eles.
O alumnado de primeiro e segundo de primaria seguiu tamén esta dinámica. Seguiron o programa de Formación de usuarios do PAL e realizaron as seguintes actividades:
- Coñeceron a función da biblioteca e os seus servizos. Visitaron a biblioteca escolar, polo menos, unha vez por semana.
- Cumprimentaron fichas de libros..
- Elaboraron un listado de accións para coidar os materiais da biblioteca.
- Iniciáronse no coñecemento e interpretación da CDU simplificada, con actividades acordes á súa idade.
- Aprenderon a interpretar os “tejuelos”.
O alumnado máis grande do cole realizou as seguintes actividades:
- Repasou o sistema de clasificación da CDU e identificamos os seus elementos, facendo actividades de clasificación e cumprimento de fichas.
- Coñeceu buscadores de internet e realizou pescudas para a documentación do traballo sobre escultura. Traballo realizado en Google presentación de xeito colaborativo.
- Asemade, tamén fixeron pescudas en libros informativos: enciclopedias, biografías, etc e distinguimos pés de páxina, gráficos etc.