Durante a semana do Día da Muller Traballadora realizamos diferentes actividades encamiñadas a fomentar a coeducación.
O alumnado traballou sobre o seguinte tema: "Que quero ser de maior?” imaxinando se fosen homes ou mulleres.
Parte do alumnado considera que a profesión escollida sería a mesma, independientemente de se fose home ou muller. Non se atopan diferenzas numéricas entre nenos e nenas.
Pola contra, unha porcentaxe considerable do alumnado segue cos estereotipos de profesións exclusivas para home ou muller: por exemplo homes deportistas, policías … e mulleres perruqueiras e enfermeiras.
Temos que seguir traballando moito para cambiar esta situación non só no colexio, senón que tamén nas familias e nos medios de comunicación.
Asemade, o alumnado de 6º pescudou información sobre varias mulleres matemáticas e elaborou a súa biografía.