O día 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Como estamos inmersos no programa de Meteoescolas da Consellería de Medio Ambiente, acordamos dedicar o "Mes da Meteoroloxía" a marzo.
Ao longo destas semanas realizaremos diversas actividades no centro, entre as que destacamos as seguintes:
- Exposición das mellores imaxes que, ao longo do curso, achegou a comunidade educativa á galería que creamos no blog de meteoroloxía.
- Elaboración dun pluviómetro polo alumnado de 5º curso de Ed. Primaria.
- Convocar un concurso de viraventos no que poderá participar todo o alumnado do centro.
- Asemade, continuaremos realizando as diferentes actividades metereolóxicas que estamos a traballar desde o inicio do curso:
- - Toma diaria de datos meteorolóxicos da nosa estación.
- - Análise dos datos meteorolóxicos.
- - Comparación cos datos da comarca de Tui recollidos polo CEIP de Pazos de Reis.
- - Recollida iconográfica do tempo diario que fai en Ourense.