Gañadores do primeiro premio Nacional do concurso do Exército

O noso cole volveu gañar o Primeiro Premio Nacional no Concurso Escolar do Exército de Terra 2024!

Unha vez máis, e por terceiro ano consecutivo lográmolo! O noso colexio foi galardoado no Concurso de Ensino Escolar do Exército de Terra 2024 polo noso proxecto "Mis pies junto a los tuyos" na Categoría de Educación Infantil e Primaria.

Comprácenos compartir unha nova de gran orgullo e ledicia para toda a nosa comunidade educativa. O traballo realizado polo alumnado de quinto de educación primaria do noso colexio, titulado "Mis pies juto a los tuyos", foi galardoado co primeiro premio a nivel nacional no concurso escolar do Exército de Terra de 2024, tras resultar tamén gañador da fase rexional.

Este destacado logro é un reflexo do esforzo, creatividade e dedicación dos nosos e nosas estudantes e do equipo docente, que traballaron con gran entusiasmo neste proxecto. O premio consiste en tres ordenadores portátiles, unha placa e un diploma, que serán recollidos por unha representación do centro nunha cerimonia en Madrid o venres 18 de outubro.

A xornada, que contou coa presenza dos alumnos galardoados xunto cunha representación dos seus centros educativos e profesores, comezou coa recepción dun piquete con uniformidade de época do Rexemento de Infantería “Inmemorial” 1 e unha visita ao Palacio de Buenavista. Posteriormente tivo lugar a cerimonia de entrega de premios no salón de actos. Nela interviu o director do Instituto de Historia e Cultura Militar, Xeneral de División Antonio Ruíz Benítez, finalizando coas palabras do Xeneral de Exército JEME Amador Enseñat e Berea.
Queremos estender as nosas máis sinceras felicitacións a todas as persoas que participaron no proxecto. Este recoñecemento non só celebra o talento e a dedicación dos noso alumnado, senón que tamén resalta o compromiso do noso colexio coa excelencia educativa e a promoción de valores fundamentais.

Parabéns a todos e todas por este magnífico logro!

Noticias:

Galeria_fotos

VÍDEO GALA