Durante a semana do 21 ao 25 de novembro o equipo de bibliotecas, dinamización lingüística e seccións bilingües organizaron un grupo de actividades para que todas as nenas e nenos do cole, desde infantil ata sexto de primaria, xunto co profesorado e resto da comunidade educativa, celebramos participando activamente nos actos realizados para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara ás mulleres unha das peores e máis comúns formas de violencia.
En primeiro lugar, o luns, a Concellería de Igualdade, organizou unha actividade de contacontos para a sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia.
O martes durante a Hora de Ler cantamos e bailamos a canción “Déjala que Baile” de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano.
Todo o alumnado do cole participou na actividade "The orange umbrella” para reivindicar a importancia da protección contra a violencia.
Na metade da semana volvemos a gozar dun contacontos, neste caso, interpretado por alumnos do cole. Contáronnos o conto de “ Pepuka e o Monstro que se levou o seu sorriso”. Pepuka vivirá xunto ao Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a perda do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas mascotas, unha viaxe cara á liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade. Aborda a violencia de xénero para previla desde a infancia. É un conto para traballar a autoestima, os valores, a igualdade e o bo trato.
A continuación o alumnado decidiuse a cambiar a súa linguaxe, identifincando frases axeitadas e inaxeitadas coa actividade “Pon os cinco sentidos contra a Violencia”.
Toda a comunidade educativa leu un Manifesto no que nos comprometemos a traballar a diario para a eliminación de todo tipo de violencia.
O xoves o alumnado de infantil participa na actividade “Coas túas mans podes”, onde plasmando as súas máns nun lazo queren sinalar a importancia da loita de todos a favor da non violencia.
Finalmente, o día 25, rematamos a semana coa lembranza da importancia da igualdade entre homes e mulleres, representado pola cor violeta e a non violencia contra das mulleres representado pola cor laranxa.
A seguir traballando!!!