Despois do esforzo e traballo o curso pasado no proxecto “DE BASE A BASE Y LEO PORQUE ME TOCA”, e da ledicia da nova de sabernos gañadores do concurso nacional, chegou o momento de recibir os agasallos.
O venres 7 de outubro recibimos os galardóns que nos correspondían por ser PREMIO NACIONAL na categoría A. O premio consistía en tres ordenadores, unha placa e diploma acreditativo.
Os/as once Sueiriños/as non estiveron en Madrid físicamente, pero en todo momento acompañaron aos seus representantes no pensamento. A través das súas palabras coñeceron aos nosos campións e o seu traballo.
Foi unha xornada emocionante e inesquecible, compartindo emocións cos outros compañeiros/as de Ceuta, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Santa Cruz de La Palma e Badajoz gañadores noutras categorías.
Non podemos estar máis agradecidos aos nosos anfitrións, que nos acompañaron ese día no Instituto de Historia y Cultura Militar. Fixéronnos sentir o respecto polo traballo desenvolvido polos nosos alumnos/as, o agarimo no trato e a súa disposición a axudarnos no que precisemos.
E a volta ao noso cole foi aínda máis emocionante, porque foi o momento de compartir cos verdadeiros protagonistas a experiencia vivida. Faltaba de xeito presencial un, que este curso xa non está no grupo, pero non queremos nen podemos esquecernos del, porque un cachiño do premio é seu. E tamén animamos aos tres novos/as do grupo a que se incorporen á nosa dinámica de traballo por proxectos que tantas alegrías nos leva dando nestes últimos dous cursos.
NORABOA AOS NOSOS/AS CAMPIÓNS!
LIGAZÓNS Á NOVA