O longo deste curso co alumnado de Educación Infantil traballamos as emocións a partir do conto “Los tentáculos de Blef”.
Traballamos as seguintes emocións :
- Alegría
- Amor
- Medo
- Tristeza
Quedounos sen traballar a rabia por falta de tempo.
Partimos da lectura dos distintos contos da colección, para cada emoción un conto, facendo actividades relacionadas co conto e outras sen ser do conto pero relacionadas con dita emoción.
Primeiro recoñeceron , debuxaron e modelaron con plastilina emoticonas con distintas emocións a través de contos relacionados “Quen fai sorrir a princesa”, “Mi abrazo preferido”, “Los miedos del capitán Cacurcias”, “Lágrimas bajo la cama”.
- Debuxaron a Blef pintando os tentáculos con distintas cores para cada emoción.
- Conversamos cos nenos e nenas sobre cousas que lles daban medo .
- Elaboraron unha caixa máxica onde meteron debuxos e frases relacionadas cos medos que tiña cada un.
- Debuxarse coa persoa ou persoas que máis queren despois de contarlles o conto “De que color son los besos”.
- Debuxaron e escribiron palabras cariñosas as persoas que non puideron visitar durante a pandemia.
- Escoitamos distintas audicións coas que bailaban libremente
- Construímos un cubo cos debuxos en cada cara das distintas emocións de Blef.
- Xogaron co cubo e expresaron a emoción que lles saía a cada un ao tirar o cubo a o aire.
- Diálogo sobre cousas ou situacións que lles poñían tristes e outras coas que se Poñían contentos.
- Fixeron tamén debuxos sobre estas situacións.
- Foi tamén moi divertido o xogo de “Memori emocións” que tamén serviu como exercicio para traballar a memoria.
Quedounos sen elaborar o disfrace do entroido porque este ano polo COVID non o puidemos celebrar.
Por último fixeron un xogo de tres en raia cun taboleiro co debuxo de Blef e fichas con emoticonas das emocións feitas con masa de modelar.