Se fose sinxelo, lerían outros.

O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla.

Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales.

A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro.

Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García.
Fomos quen de ver que leron e prestaron  atención ata os detalles máis pequenos do noso proxecto, demostrando a súa profesionalidade e interese polo noso traballo.

Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as.

O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P.

A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon.

Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS.

Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto.

Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe.

Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P.


A prensa fíxose eco desta nova: