O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta.
Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.
Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso pingüino Sueiriño.
Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial?
Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.
O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar.
Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.
MEMORIA GRÁFICA