A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole.
Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
- Estimular o interés pola lectura.
- Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
- Comezamos lendo o conto deixando cos nenos e nenas vexan as ilustracións e
- comenten aspectos relacionados co conto.
- Imaxinamos como é o protagonista e outras personaxes do conto e o expresen cas
- súas palabras.
- Os mais pequenos axúdanlle as veces os maiores pois este ano están os tres niveis
- de infantil na mesma aula.
- Inventan títulos e finais distintos para o mesmo conto.
- Todo isto facémolo na alfombra da clase e despois cada un vai o seu sitio e aquí debuxan ou pintan ( os mais pequenos ) algo relacionado co conto.
- Traballamos especialmente o conto “O casamento do piollo e a pulga” para representalo no colexio o día das letras galegas.
- Pintaron e recortaron cada un a súa careta da personaxe que lle tocou representar do conto. Ensaiámolo na aula e tamén na biblioteca do Colexio para representalo como xa mencionei anteriormente o día das letras Galegas.
- Memorizaron poesías para conmemorar o día da poesía , o día do libro, o comezo
- do outono a primavera.
O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes.