O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor.
"Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo".
Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias.