O alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil pescudou sobre o Universo no seu PDI.
Partiron do conto "Como atrapar a unha estrela", de Oliver Jeffers, para motivalos a pensar sobre todos aqueles aspectos que lles resultan intrigantes sobre o universo.
Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
- Debuxamos o conto
- Escoitamos as cancións:
- Os Planetas, canción de cuna
- "Veo, veo el Sistema Solar", canción infantil
- Canción dos planetas para nenos
- Contamos o conto "El Espacio al dedillo", de Ed. Combel.
- Coloreamos o mural da nave co astronauta e os planetas.
- Montamos o mural na porta.
- Contamos o conto "El pez que quería ser astronauta" de Mar Cerdá Albert.
- Debuxamos o conto .
- Debuxamos a nosa ficha do mural.
- Fixemos un móbil cos planetas.
- Ordenamos planetas de maior a menor.
- Fixemos debuxos do Universo.
- Cantamos cancións dos planetas.
- Fixemos os nosos disfraces, cada un axuda ao seu persoaxe.
- Disfrazámonos do Universo.
- Sacamos unha foto co noso amigo o astronauta.
- Fixemos postais con eclipses da Lúa.
- Pintamos estrelas e fixemos constelacións.
- Observamos as distintas fases da Lúa e fixemos fichas.
- Coloreamos distintas naves espaciais.
- Aprendemos distintas adiviñas e fixemos os debuxos correspondentes.
O traballo con este PDI foi moi motivador para os nenos e nenas.