Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CONCERTO DIDÁCTICO

00/00/
Array

O venres, día 4 de xuño, no Auditorio Municipal se celebrará un concerto didáctico para todos os alumnos e alumnas do centro a cargo de LUBMILA ORLOVA.

O concerto dará comezo ás 12:00 horas e terá unha duración aproximada de 1 hora.

CONTACONTOS

00/00/
Array

O venres, día 28 de maio, os alumnos/as de 1º de E. Primaria asistirán a unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal de Cariño a partir das 11:15 horas. A duración aproximada da actividade é de 45 minutos.

VIDA E OBRA DE UXÍO NOVONEYRA

00/00/
Array
 

 

FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

00/00/
Array

O vindeiro venres, 14 de maio, imos conmemorar o Día das Letras Galegas coa celebración do noso tradicional festival.

As actuacións que imos ter son as seguintes:

  • Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Uxío Novoneyra.
  • Guitarra: "Antes de que cuente 10" de Fito y Fitipaldis (grupo de alumnos/as do colexio).
  • Obra de teatro : "A Primavera" (alumnos/as 1º A e 1º B).
  • Baile "A volar" de Las Populares (alumnos/as 4º A).
  • Poema de Ana Mª Fernández: "Non quero ser príncipe" (alumnos/as 2º A).
  • Baile: " Tik Tok" de Kesha (Ángela, Sabela e Claudia de 4º B).
  • Guitarra: "Dareivos pastores" (grupo de alumnos/as do colexio).
  • Obra de teatro: "Tío lobo" (alumnos/as 2º B).
  • Baile: "Fiesta" de Las Populares (alumnos/as 4ºB).
  • Poema inédito: "A nosa lingua" (alumnos/as 4ºB).
  • Curtametraxe: "Mamá cabra e os cabuxiños" (alumnos/as 3º A).
  • Baile: "Womanizer" de Britney Spears (Aldara 5º A).
  • Viñetas galegas (alumnos/as 3º B).
  • Baile: "Cantemos más fuerte" de Las Populares (alumnos/as 5º A e B).
  • Guitarra: "Hihg way to hell" de AC/DC (grupo de alumnos/as do colexio).
  • Baile: " Tik Tok" de Kesha (alumnos/as 6º A ).

Desexámosvos que todo saia como esperades e que pasedes un intre agradable!

VIAXE E. INFANTIL AO PARQUE DE BOMBEIROS

00/00/
Array

O vindeiro martes 25 de maio, realizaráse unha visita ó Parque de Bombeiros de Ferrol na que participarán nenos e nenas de E. Infantil.

Nesta visita veremos as  instalacións, materiais, uniformes…cos que traballan estes profesionais. Esta saída está relacionada coa unidade didáctica que estamos a traballar sobre “os oficios”. E relacionada tamén coa “auga”, principal “materia prima” utilizada neste oficio. Iremos despois de xantar á exposición situada no parque “Reina Sofía” titulada “Aquaciencia”, onde observaremos distintas máquinas que nos permitirán coñecer algunhas propiedades ou características da auga.

A visita durará mañá e tarde, e os nenos deberán levar a súa  comida.

Se o tempo o permite, xantaremos no parque onde se atopa “aquaciencia”, e no caso contrario poderemos utilizar o patio dun colexio para comer a cuberto.

HORA DE SAÍDA: 9:30 h aprox.

HORA DE REGRESO: Sairase de Ferrol  sobre as 17:30 -18:00 h, co que chegaremos aquí aprox. Ás 18:30 -19:00 h.

VIAXE DIDÁCTICA 2º CICLO

00/00/
Array

Se queres ollar fotos da visita que fixeron os alumnos/as do 2º ciclo a ALDEANOVA preme aquí.

Distribuir contido