Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

DÍA DA PAZ

00/00/
Array

O próximo día 28 de Xaneiro o alumnado e o profesorado do colexio celebraremos o DÍA DA PAZ. O lema deste ano é “VIAXANDO EN PAZ POLOS 5 CONTINENTES”.
HORARIO:
De 9.30 a 12.15 h. teremos o horario de clase habitual.
De 12.15 a 12.45 h: recreo.
Ás 12.50h. (no patio ou no polideportivo) realizarase a conmemoración do acto:
                       *Lectura das frases “Eu son pacifista
                         porque...”.
                       *Bailaremos as Danzas e nesta orde:
                             - Danza de los siete saltos, 5º e 6º
                             - Chino del alma,  1º e 2º
                             - Sambalele,  4º
                             - Pata Pata,  3º
                             - Epo,   E.Infantil
                       *Cantaremos a canción “Amigos del 
                         corazón” de la serie Patito Feo.
                       *Despois  proxectarase o video  “La fuerza
                         de un abrazo” no salón de actos.

Ademais, o próximo mércores 26 ás 10.30h, e no salón de actos, terá lugar unha charla-coloquio co presidente da Cociña Económica de Ferrol ( Institución Benéfica á que este ano vai destinada a cuestación anónima) Antonio Tostada, para os alumnos/as do 2º e 3º ciclo.                      

                           FELIZ DÍA DA PAZ

Visita didáctica aos museos coruñeses

00/00/
Array

O mércores 19 de xaneiro o alumnado do segundo ciclo (3º e 4º ) participarán nunha saída didáctica para coñecer os museos de A Coruña.

Data: 19 de xaneiro de 2011

Hora de saída: 8:30 desde as distintas paradas da estrada xeral.

Hora de chegada: sobre as 18:30 nas mesmas paradas.

Programa: Visita ao acuario, Domus e Casa das Ciencias.

Concurso Postais de Nadal 2010

00/00/
Array

Xa temos os gañadores do III Concurso de Postais de Nadal.

Grazas a todos/as por participar e parabéns pola alta calidade dos vosos traballos.

Estas son as premiadas:

Premio á postal... cunha mensaxe máis normalizadora

Autora: Ángela Martínez Martínez - 5º B

Premio á postal... máis votada por Internet

Autora: Laura Martínez García - 5º A

Premio á postal... máis artística

Autora: Aldara Hevia Díaz - 6º A

     

Recomendacións de lecturas para o Nadal

00/00/
Array

Ola,


Son Multileo e quero que descubras as miñas recomendacións de lecturas para este Nadal.

 

Goza coa lectura !!!!

Espigonciño Nadal 2010

14/12/2010 00:00
Europe/Madrid

 

Número 56 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

 

xornal de nadal 2010

En formato PDF, preme para abrilo.

Formato on-line libro dixital

III CONCURSO POSTAIS DE NADAL

00/00/
Array

Xa está aberta a votación para elixir a postal "Máis votada por Internet".

Preme na imaxe para ver a exposición e elixe a que máis che guste.

Sorte a todos/as os participantes.

BO NADAL!

Distribuir contido