Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

MATRICULA CURSO 2013-2014

00/00/
Array

O prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar 2013-2014 está aberto desde o 5 de abril ao 17 de abril.
Poderanse matricular:

  • EN E. INFANTIL: NENOS/AS NACIDOS/AS EN 20010 E NACIDOS/AS EN 2008 E 2009 QUE NON ASISTIRAN A DITAS UNIDADES NO CURSO 2012 - 13.
  • EN E. PRIMARIA: NENOS/AS NACIDOS/AS NO ANO 2007.

Documentación a aportar:

  1. IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPLIMENTADO.
  2. FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU DOCUMENTO ACREDITATIVO SIMILAR) NA QUE ESTEA REXISTRADO O NACEMENTO DO/A NENO/A A MATRICULAR.
  3. FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU DOCUMENTO SIMILAR) NA QUE SE ACREDITE O MATRIMONIO DOS PAIS OU -SE E O CASO- PATRIA POTESTADE OU TUTORÍA LEGAL.
  4. CERTIFICADO DE INCLUSIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES.
  5. DÚAS FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ.

Pode baixar o impreso de solicitude no enlace seguinte:

ENTROIDO 2011

00/00/
Array

HABITANTES IMAXINARIOS DOS BOSQUES DE GALICIA

Este ano ímonos internar nun mundo máxico disfrazándonos dalgunhas das criaturas imaxinarias dos bosques de Galicia: lobishomes, meigas, trasnos e fadas.

O vindeiro venres, día 4 de marzo, realizaremos o tradicional desfile de Entroido. Se as condicións metereolóxicas o permiten percorreremos o Paseo Marítimo, no caso contrario, festexarémolo no Pavillón Municipal.

O horario será o seguinte:

  • Saída do colexio: 10:30 horas.
  • Regreso: 12:30 horas.
  • Saída para o domicilio: 13:15 horas.
  • Xornada de atletismo en pista

    00/00/
    Array

    O mércores 23 de febreiro participaremos nunha xornada de "Atletismo en pista" que terá lugar no campo da " A Malata" de Ferrol.

    Saída desde o colexio ás 9:30.

    Inicio da actividade: 10:45 nas instalacións da A Malata en Ferrol.

    Hora de chegada ao colexio: sobre as 14:15.

    A organización entregará bebidas,froita e un bocadillo aos participantes.

    Esta actividade consiste nunha xornada de convivencia entre o alumnado dos colexios da zona, ao tempo que coñecen e practican as diferentes disciplinas do atletismo. Non é unha competición.

    DÍA DA PAZ

    00/00/
    Array

    Este é un anaco da celebración do Día da Paz 2011

    [swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/paz_11.flv"]

    CUESTACIÓN ANÓNIMA-DÍA DA PAZ 2011

    00/00/
    Array

    A cantidade enviada a "LA COCINA ECONÓMICA DE FERROL" coas aportacións recadadas no centro foi de:

    1.317,59 €

    TEATRO - 1º CICLO

    00/00/
    Array

    O venres, día 4 de febreiro, ás 9:45 horas os alumnos/as de 1º ciclo do colexio asistirán á representación no Auditorio Municipal dunha obra teatral ofertada por convenio entre a editorial Edelvives e a Xunta de Galicia.

    Distribuir contido