FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012
Enviado por maria o Sáb, 2012-05-12 20:05Durante a semana do 14 ao 16 de maio, imos conmemorar a semana das Letras Galegas que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.
O mércores, 16 de maio, celebraremos o tradicional Festival no que o alumnado nos sorprenderá con excelentes actuacións:
- Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Valentín Paz Andrade (6ºA e 6ºB)
Fai clic dúas veces dentro para ver a presentación completa
- Teatro de sombras: "Os raposos do Norte" (2ºA e 2ºB)
- Os ases futbolistas: "Sube a man e berra goooool! (4º)
- Poema de Celso Emilio Ferreiro: "Deitado frente ao mar" (5ºA)
- Escola de Música: "As pantasmas do vello baúl", "La leyenda de La Mancha", "Que queres de min Señor" e "Nothing else matters" ( Alumnos/as do colexio)
Coma todos os anos contaremos con dous presentadores excepcionais: Cintia e Adrián.
Esperamos que vos guste!!!
Dúo de contacontos para nenos
Enviado por Anónimo o Ven, 2012-05-11 12:00O vindeiro luns, día 21 de maio, ás 13:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Cariño, os alumnos/as do Colexio asistirán ao contacontos "Conta e canta" a cargo de Xoan Curiel e que versará sobre "Contos das estacións"
CHARLA
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-04-30 08:12O vindeiro xoves, 3 de maio, terá lugar no centro unha charla para os alumnos/as de 3º ciclo de E. Primaria dentro do III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR
A charla estará a cargo de persoal da Garda Civil que asesorará a cerca da SEGURIDADE EN INTERNET.
Xogando co atletismo
Enviado por Fran Macias o Lun, 2012-04-23 10:28O día 25 de abril participaremos na actividade "Xogando co atletismo", dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.
Hora de saída: aprox 9:40 desde o colexio
Hora de chegada, ao rematar a actividade, e sempre antes das 14:30
Lugar: Pavillón Polideportivo do colexio de O Barqueiro ( cuberto)
Idade: categoría benxamín atletismo ( 2004-2003 )
No arquivo que xúntase vai a descrición da actividade.
VISITA DIDÁCTICA AOS MUSEOS CORUÑESES
Enviado por Anónimo o Ven, 2012-04-20 10:10O martes 8 de maio o alumnado de educación infantil participará nunha saída didáctica para coñecer os museos de A Coruña.
- Data: 8 de maio de 2012
- Hora de saída: 9:30 h.
- Hora de chegada: sobre as 18:00 h.
- Programa: Visita ao acuario, Domus e Casa das Ciencias.
Recomendacións de lecturas para abril
Enviado por Fran Macias o Ven, 2012-03-30 13:01- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »