Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Letras Galegas

Xornal escolar maio 2021

14/05/2021
Europe/Madrid

Ola, xa temos o número 77 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

Edición Letras Galegas, maio 2021.

Imaxe da portada do xornal, preme para abrir en PDF.

Preme para velo en formato PDF.

LETRAS GALEGAS 2017

00/00/
Array

Este ano o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares. Para celebralo os alumnos de 6ºA do centro elaboraron unha presentación sobre o homenaxeado e os de 2ºA a representación dunha das súas obras máis coñecidas, "A Galiña Azul". Ademáis , para celebrar este día os alumnos de 1º cantan a canción "Fun ao Mercado".

 CARLOS CASARES (Presentación. 6ºA)

 

A GALIÑA AZUL (Teatro. 2ºA)

 

FUN AO MERCADO (Canción. 1ºA)

Festival Letras Galegas 2014

00/00/
Array

Para rematar a conmemoración da Semana das Letras Galegas que este ano homenaxea a Xosé María Díaz Castro, o vindeiro venres, 16 de maio, imos celebrar o noso tradicional festival.

O programa ofrécenos actuacións interesantísimas:

• Presentación en Power Point sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Díaz Castro.
• Escola de Música Mª Luisa Novo: “A mora”, “A danza de Cariño”, “Só ti” e “A siciliana” (alumnado do centro).
• “Moitas Letras Galegas” (alumnos/as 1º A).
• Dúas cancións instrumentais: Dúo formado por Iria e Elisa (alumnas 3º A).
• Cancións: “A raíña Berenguela” e “A escala musical” (alumnos/as 4º A).
• Cancións: “Onde lle puxo a man" e "Seguindo ao líder" (alumnos/as 4ºB).
• Cancións instrumentais: “Linden Lea” e “Estudio” (Marta 5º B).
• Obra de teatro: “O soño de Paula” (alumnos/as 5º).
• Curtametraxe de animación: “ O último canto”(alumnado 2º ciclo ).

Durante todo o festival contaremos con dous presentadores excepcionais: Esther e Sergio.

Esperamos que pasedes un intre agradable!!!

Fai clic dúas veces para dar comezo á presentación.

 

Espigonciño maio 2012

00/00/
Array

Xornal escolar edición de maio de 2012

Preme nesta ligazón ou na imaxe para velo en formato PDF ( 38 MB )

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

00/00/
Array

Durante a semana do 14 ao 16 de maio, imos  conmemorar a semana das Letras Galegas que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.

O mércores, 16 de maio, celebraremos o tradicional Festival no que o alumnado nos sorprenderá con excelentes actuacións:

- Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Valentín Paz Andrade (6ºA e 6ºB)

Fai clic dúas veces dentro para ver a presentación completa

- Teatro de sombras: "Os raposos do Norte"  (2ºA e 2ºB)

- Os ases futbolistas: "Sube a man e berra goooool! (4º)

- Poema de Celso Emilio Ferreiro: "Deitado frente ao mar" (5ºA)

- Escola de Música: "As pantasmas do vello baúl", "La leyenda de La Mancha", "Que queres de min Señor" e "Nothing else matters" ( Alumnos/as do colexio)

Coma todos os anos contaremos con dous presentadores excepcionais: Cintia e Adrián.

Esperamos que vos guste!!!

Distribuir contido