Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CHARLA

00/00/
Array

 

O vindeiro xoves, 14 de xuño, os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Primaria asistirán no Salón de Actos do centro a unha charla de ANA ARCEO, cooperante de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS e médico no PAC de Bertamiráns.

Esta charla enmárcase dentro das actividades do Día da Paz celebrado en xaneiro e no que a recadación da cuestación anónima destinouse a esta ONG.

VISITA EXPOSICIÓN

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 5 de xuño, os grupos de alumnos/as que a continuación se relacionan realizarán unha visita á Exposición Itinerante "AVES DE GALICIA" que terá lugar nos locais da Casa da Cultura do Concello de Cariño.

  • 10:00 horas: EI3
  • 10:45 horas: EI4
  • 11:30 horas: 3º A
  • 12:30 horas: 3ºB
  • 13:15 horas: 4ºA

VISITA DIDÁCTICA ALDEA NOVA

00/00/
Array

O vindeiro luns, día 21 de maio, os alumnos/as do 1º ciclo de E. Primaria do Colexio realizarán unha visita didáctica ás instalacións de Aldea Nova en Narón.Hora de saída: 9:30 desde o Colexio.Hora de chegada: Ás 17:30 aprox., parando segundo a opción marcada no seu momento en:

  • Feás
  • Sismundi
  • A Pedra (fronte ao cine vello)
  • Bardanca
  • Concello

VIAXE DIDÁCTICA 3º CICLO PRIMARIA

00/00/
Array

VIAXE A OURENSE - 22 de maio
PROGRAMA

  • Saída:              7,45 da Parada dos Buses
  • 9,45                Parada en Lugo
  • 11,30              Visita ao encoro de Belesar
  • 14,00              Xantar na Pizzería La Toscana (Centro Comercial Costa Vella).

                                     Tfnos. 88373618    600459419

  • 16,00              Visita ás Burgas e Catedral
  • 17,30              Termas de Outariz
  • 19,30              Regreso a Cariño   

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

00/00/
Array

Durante a semana do 14 ao 16 de maio, imos  conmemorar a semana das Letras Galegas que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.

O mércores, 16 de maio, celebraremos o tradicional Festival no que o alumnado nos sorprenderá con excelentes actuacións:

- Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Valentín Paz Andrade (6ºA e 6ºB)

Fai clic dúas veces dentro para ver a presentación completa

- Teatro de sombras: "Os raposos do Norte"  (2ºA e 2ºB)

- Os ases futbolistas: "Sube a man e berra goooool! (4º)

- Poema de Celso Emilio Ferreiro: "Deitado frente ao mar" (5ºA)

- Escola de Música: "As pantasmas do vello baúl", "La leyenda de La Mancha", "Que queres de min Señor" e "Nothing else matters" ( Alumnos/as do colexio)

Coma todos os anos contaremos con dous presentadores excepcionais: Cintia e Adrián.

Esperamos que vos guste!!!

Dúo de contacontos para nenos

00/00/
Array

O vindeiro luns, día 21 de maio, ás 13:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Cariño, os alumnos/as do Colexio asistirán ao contacontos "Conta e canta" a cargo de Xoan Curiel e que versará sobre "Contos das estacións"

Distribuir contido