Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ANIMACIÓN ALUMNOS/AS DE 6º

00/00/
Array

Con motivo do 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos", unha das obras máis importantes da literatura galega, o alumnado de 6º curso quixo render a súa particular homenaxe a Rosalía de Castro e, mesturando poesía, vídeo e imaxinación, elaboraron unha curtametraxe sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Fai clic

Festival Letras Galegas 2013

00/00/
Array

Durante estes días imos conmemorar a semana das Letras Galegas que este  ano homenaxea a Roberto Vidal Bolaño.

O xoves 16 celebraremos o tradicional Festival e, coma todos os anos, o  noso alumnado deleitaranos con excelentes actuacións:

  • Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado. (5º)
  • Audiovisual:  "Coñecendo a Rosalía". (1º)
  • Teatro: "A raíña doente". (1º)
  • Iria e Elisa, dúo de saxo e frauta travesera, interpretan: "Campaíña do lugar", "Tres folliñas nai" e "O mar estaba sereno". (2º A)
  • Marta interpreta: "Prelude", "Camiña D. Sancho", "Música para a  vida" e "Danza de machados". (4º B)
  • Cancións: "A Maruxiña" e "Dios cho pague churrasqueiro". (4º B)
  • Curtametraxe de animación: "Adiós, ríos; adiós fontes".  (6ºA e 6º B)
  • Escola de Música Mª Luísa Novo, interpretan : "A boneca", "A túa vocación", e "Song 2 you song". (Alumnos/as do colexio)

Contaremos con dous presentadores excepcionais: Julia e Manuel.

Desexamos que vos guste.

Fai dobre clic dentro para escomenzar a presentación sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño


Gotas por Níger

00/00/
Array

Galería de imaxes da celebración da actividade "Gotas por Níger"

acceso á galería de imaxes, ábrese en nova xanela

Preme na imaxe para ver as fotos.

Gotas por Níger é unha adaptación do proxecto "Gotas para Níger" de UNICEF [http://www.enredate.org/gotas]

Tamén están dispoñibles as fotos da nosa participación en "Xogando co atletismo" en Moeche [ Preme para ver as fotos ]

Charla

00/00/
Array

O vindeiro venres, 12 de abril, dentro das actividades de conmemoración do día da árbore, teremos tres charlas a cargo de persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar (coa posibilidade tamén de que traian unha moto-bomba) a cerca da prevención de incendios forestais.

CHARLA III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 5 de marzo, os alumnos/as de 5º e 6ª de E. Primaria do noso centro recibirán unha charla sobre "Riscos na Internet" no Salón de Actos dentro do III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR e desenvolvida por un axente do Corpo da Garda Civil.

  • 5º Nivel: 10:00 horas.
  • 6º Nivel: 11:00 horas.

Navega con rumbo

00/00/
Array

Documento aportado por Lucía Fidalgo na charla sobre o programa "Navega con rumbo", que tivo lugar o martes 5 de febreiro no colexio.

[Ver o documento en formato PDF]

Distribuir contido