Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Matrícula

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021

03/02/2020 20:44
Europe/Madrid

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA

PRAZO: DO 1 AO 17 DE FEBREIRO DE 2020

O vindeiro 1 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/21.

O alumnado que xa está matriculado no colexio no presente curso 2019/20 non ten que realizar este proceso, agás o alumnado de 6º de Educación Primaria.

O alumnado que iniciará a escolarización en 1º da ESO no vindeiro curso 2020/21 deberá realizar a reserva de praza presentando a solicitude no colexio ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado-solicitudes-reserva-crear).

Para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) abrirase posteriormente un prazo para a admisión, non necesitando facer agora a reserva de praza.

ADMISIÓN DE ALUMNADO Á MATRÍCULA DO CURSO 2019/2020

26/02/2019 19:54
Europe/Madrid

Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2019 iníciase o período de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020

 

Alumnado ao que vai dirixido:

- Alumnado de 4º de Educación Infantil (EI3 anos)

- Alumnado procedente doutros centros

 

Procedemento:

A solicitude (modelo ED550B) poderase recoller no colexio e entregar no prazo establecido (1-20 de marzo), xunto coa seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade do alumno

- Certificado de inclusión no padrón municipal colectivo

- Convenio regulador/ resolución xudicial de separación ou divorcio (se fora o caso)

- Documento acreditativo de requisitos académicos (alumnado procedente doutro centro)

- Documento xustificativo conforme o/a alumno/a presente unha discapacidade (se fora o caso)

 

Referencias lexislativas sobre admisión de alumnado:

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro)

 

* As solicitudes tamén se poderán descargar nos ficheiros adxuntos, dende a aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e/ou presentándoo na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación (con certificado dixital ou chave 365).

* No taboleiro do centro tamén se exporá o Artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013, así como as Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña e as da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos relativas ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020.

Listaxe definitiva de admitidos á matrícula 2016/17

00/00/
Array

Prema para ver o documento.


 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO Á MATRÍCULA. CURSO 2016/ 2017

00/00/
Array

ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO CURSO 2016/ 2017

00/00/
Array

  • Para descargar o modelo, preme (aquí)

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS 2015/2016

00/00/
Array

Contra esta relación se poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar.

Distribuir contido