VIDA E OBRA DE UXÍO NOVONEYRA
Enviado por Anónimo o Sáb, 2010-05-15 18:04FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por maria o Xov, 2010-05-13 00:22O vindeiro venres, 14 de maio, imos conmemorar o Día das Letras Galegas coa celebración do noso tradicional festival.
As actuacións que imos ter son as seguintes:
-
Presentación en PowerPoint sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Uxío Novoneyra.
-
Guitarra: "Antes de que cuente 10" de Fito y Fitipaldis (grupo de alumnos/as do colexio).
-
Obra de teatro : "A Primavera" (alumnos/as 1º A e 1º B).
-
Baile "A volar" de Las Populares (alumnos/as 4º A).
-
Poema de Ana Mª Fernández: "Non quero ser príncipe" (alumnos/as 2º A).
-
Baile: " Tik Tok" de Kesha (Ángela, Sabela e Claudia de 4º B).
-
Guitarra: "Dareivos pastores" (grupo de alumnos/as do colexio).
-
Obra de teatro: "Tío lobo" (alumnos/as 2º B).
-
Baile: "Fiesta" de Las Populares (alumnos/as 4ºB).
-
Poema inédito: "A nosa lingua" (alumnos/as 4ºB).
-
Curtametraxe: "Mamá cabra e os cabuxiños" (alumnos/as 3º A).
-
Baile: "Womanizer" de Britney Spears (Aldara 5º A).
-
Viñetas galegas (alumnos/as 3º B).
-
Baile: "Cantemos más fuerte" de Las Populares (alumnos/as 5º A e B).
-
Guitarra: "Hihg way to hell" de AC/DC (grupo de alumnos/as do colexio).
-
Baile: " Tik Tok" de Kesha (alumnos/as 6º A ).
Desexámosvos que todo saia como esperades e que pasedes un intre agradable!
VIAXE E. INFANTIL AO PARQUE DE BOMBEIROS
Enviado por Anónimo o Lun, 2010-05-10 11:19O vindeiro martes 25 de maio, realizaráse unha visita ó Parque de Bombeiros de Ferrol na que participarán nenos e nenas de E. Infantil.
Nesta visita veremos as instalacións, materiais, uniformes…cos que traballan estes profesionais. Esta saída está relacionada coa unidade didáctica que estamos a traballar sobre “os oficios”. E relacionada tamén coa “auga”, principal “materia prima” utilizada neste oficio. Iremos despois de xantar á exposición situada no parque “Reina Sofía” titulada “Aquaciencia”, onde observaremos distintas máquinas que nos permitirán coñecer algunhas propiedades ou características da auga.
A visita durará mañá e tarde, e os nenos deberán levar a súa comida.
Se o tempo o permite, xantaremos no parque onde se atopa “aquaciencia”, e no caso contrario poderemos utilizar o patio dun colexio para comer a cuberto.
HORA DE SAÍDA: 9:30 h aprox.
HORA DE REGRESO: Sairase de Ferrol sobre as 17:30 -18:00 h, co que chegaremos aquí aprox. Ás 18:30 -19:00 h.
VIAXE DIDÁCTICA 2º CICLO
Enviado por maria o Dom, 2010-05-02 01:18Se queres ollar fotos da visita que fixeron os alumnos/as do 2º ciclo a ALDEANOVA preme aquí.
CONTACONTOS E. INFANTIL
Enviado por Anónimo o Mar, 2010-04-20 11:37O vindeiro martes, día 27 de abril, os alumnos/as de Educación Infantil do centro realzarán unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal ás 11:20 horas a cargo de TRINQUE-TRINQUE.
Esta actividade está financiada polo Concello de Cariño.
xogade: atletismo I
Enviado por Fran Macias o Lun, 2010-04-19 09:55O xoves día 22 de abril participaremos nunha xornada de atletismo dentro do programa "XOGADE" da Xunta de Galicia.
Alumnado: desde 2º ata 5º , equipos de seis participantes. Total 8 equipos.
Lugar: Pavillón Municipal de Cedeira.
Horarios: saída ás 9:45 desde o colexio, chegada ás 14:00 aprox.
Disciplinas: lanzamento de balón lastrado, lanzamento de xavelina, carreira de velocidade (60m), carreira de remudas (relevos ), salto de obstáculo, salto de lonxitude, salto de altura e carreira de remudas con valos (vallas).
Se queres ver estas fotos na galería, preme aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »