Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

AVISO DA DIRECCIÓN

00/00/
Array

SUSPENSIÓN DE CLASES - MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Esta medida foi comunicada a este centro de forma oficial ás 14:48 horas do martes, día 15 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que non houbo posibilidade de comunicación individualizada aos pais/nais/titores legais dos alumnos.

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

00/00/
Array

Xa está aberta a votación para elixir a postal "Máis votada" por Internet.

Preme na imaxe para ver a exposición e elixe a que máis che guste.

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

00/00/
Array

FELICITA O NADAL EN GALEGO

Podedes participar todos os alumnos do cole.

O prazo de presentación é ata o venres, 11 de decembro.

Todas as tarxetas serán expostas.

Haberá premio á postal...

... Máis artística

... Cunha mensaxe máis normalizadora

... Máis votada por Internet

Sorte a todos os participantes!!!

Bo Nadal!!!

Campo a través.

00/00/
Array

O día 18 de decembro, venres, participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte ( Xunta de Galicia ) , en Cedeira.

Hora de saída: 9:45 desde o colexio

Hora de inicio das probas: 10:45

Lugar: Cedeira, xunto ao colexio.

Hora prevista de chegada: 14:00 , ao colexio.

Sorte aos participantes!!!!!

Recomendamos levar roupa de abrigo e unha camiseta para cambiarse despois da proba.

RECEITAS GAÑADORAS DO COCURSO DE POSTRES 2009

00/00/
Array

MÁIS SABOROSO... "PANELLETS"
REPOSTEIRA: Martina Díaz - EI 3 ANOS
INGREDIENTES: pataca cocida, améndoa moída, azucre, raiadura de lima e améndoas, noces ou calquera froito seco.

MELLOR PRESENTACIÓN...  "FOLLA DE AMÉNDOA"
REPOSTEIROS: Camila e Bruno Herrera - 6ºB e EI 4A
INGREDIENTES: améndoas picadas,4 ovos,azucre,fermento,fariña e doce de leite e chocolate.

MÁIS ORIXINAL... "CROCODILO DE CHOCOLATE E NOCES"
REPOSTEIRA: Claudia Sanjurjo Fontela - 4ºB
INGREDIENTES: masa de hoxaldre, chocolate, noces, ovo e azucre.

MÁIS DIFICULTADE NA SÚA ELABORACIÓN... "BROWNIES"
REPOSTEIRO: Ignacio González - EI 5A
INGREDIENTES: 75 gr. de manteiga, 45 gr. de chocolate, 150 gr. de azucre moreno, 75 gr. de fariña, 2 ovos, 1 cullerada de esencia de vainilla, unha cullerada de fermento en po e 75 gr. de noces picadas.

Grazas a todos/as os reposteiros/as por compartir as vosas receitas con nós.

Preme nas imaxes para ver máis fotos dos postres e das actividades celebradas o día do Magosto.  

 

CONCURSO DE POSTRES

00/00/
Array

AVISO

A causa do absentismo escolar por enfermidade, o CONCURSO DE POSTRES que estaba programado para o vindeiro martes, 10 de novembro, aprázase para a seguinte semana. Por tanto os postres poderanse traer ao centro os días: LUNS, 16 e MARTES 17 de novembro.

Todas as actividades programadas para celebrar o MAGOSTO quedan aprazadas para o MARTES, DÍA 17 DE NOVEMBRO.

Distribuir contido