Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ENTROIDO 2010: A SAÚDE

00/00/
Array


Este ano disfrazarémonos de persoal e material sanitario, alimentos saudables e actividade física.

Realizaremos o tradicional Desfile de Entroido o vindeiro venres, día 12 de febreiro. Se as condicións metereolóxicas o permiten percorreremos o Paseo Marítimo e ao chegar tomaremos o batido e os churros. No caso contrario, festexarémolo no Pavillón Municipal.

O horario será o seguinte:

  • Saída do colexio: 10:30 horas.
  • Regreso: 12:30 horas.
  • Saída para o domicilio: 13:15 horas.

Preme na imaxe se queres ollar fotos do desfile.

Día da Paz

00/00/
Array

Día da paz

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". As actividades que realizamos foron as seguintes:

No salón de actos ás 10.30h:

  • Lectura dos poemas sobre a paz, feitos por cada clase.
  • Proxección do video "Puk y el muro"
  • Cantamos a canción de Juanes "Es tiempo de cambiar".
  • Presentación da montaxe feita cas fotos dos alumnos/as e persoal do colexio.

No patio (cuberto):

  • Lectura do "Decálogo pola Paz" (ao final no Salón de Actos por inclemencias do tempo).
  • Solta de pombas.
Podes ver un anaco das actividades realizadas premendo no seguinte
video: 

FELIZ DÍA DA PAZ

MAXIA

00/00/
Array

O vindeiro xoves, día 11 de febreiro, os alumnos/as do centro asistirán a un espectáculo de maxia a cargo do MAGO BENXAMÍN.

A actuación se celebrará no AUDITORIO MUNICIPAL da Casa da Cultura do Concello ás 13:00 horas e durará aproximadamente 50 minutos.

Esta actividade está subvencionada por ANPA "A Basteira".

GAÑADORES II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

00/00/
Array

O II Concurso de Postais de Nadal xa ten gañadores!!!

 

 

Grazas a todos os participantes.

VISITA DOS REIS MAGOS

00/00/
Array

O vindeiro LUNS, 21 DE DECEMBRO agardamos a visita dos "Reis Magos de Oriente" que pasarán a saudar aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de E. Primaria do Colexio de Cariño.

Darémoslles a benvida sobre as 12:45 horas, sempre que a neve e outras condicións meteorolóxicas non entorpezan a súa viaxe.

FESTIVAL DE NADAL

00/00/
Array

O vindeiro martes, 22 de decembro, imos celebrar o tradicional Festival de Nadal. Este ano o alumnado de Educación Primaria vainos sorprender co seu enxeño converténdoo nun auténtico Festival de Talentos. Estas son as súas actuacións:

• 1º A: canción “Os meses do ano”.
• Nerea, 1º B: conto “Mario perdió su gorro en Navidad”.
• Eric, 1º B: canción “Pinocho”.
• Ana, 1º B: facer un debuxo cos ollos pechados.
• Sabela, 1º B: canción “Te envío poemas”.
• 3º B: baile “Gasolina” de Las Divinas.
• Nico, 3º B: tocar trombón.
• Julia, 3º A: chistes.
• 4º B: poema “Rosalinda”.
• Brais e Manuel, 3º B sombras chinescas.
• 4º A: baile “Amigos” de Las Populares.
• Yarizá: chistes.
• 4º B: baile “Sueño de un amor” de Las Populares.
• 4º B: canción “La vida es bella”.
• Manuel e Brais, 3º B: “Sombras chinescas”.
• 4º B: baile “Gasolina” de Las Populares.
• Julián, 5º A: chistes.
• Aldara, 5ºA: canción “It́s a party in the USA”.  
• 5º B: baile “Tango llorón” de Las Divinas.
• Adrián, 6º A: baile Michael Jackson.
• Raquel e Tatiana, 5º B e 6º A: baile “Gasolina” de Las Divinas.
• 6º A: baile “Right round” de Florida.
• 6º B: baile "Amigos del corazón".

Que todo saia como esperades e Bo Nadal!!!

 

Distribuir contido