XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA | ||
Toporopa é un portal dirixido ao alumnado do último ciclo de Primaria e secundaria para que repasen e aprendan novos coñecementos relacionados coa xeografía a partir de 18 xogos: Países de Europa, Ríos, mares, cadenas montañosas... Pódese áceder á paxina premendo na imaxe. |
||
Curso 13 - 14
"TOPOROPA", XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA
MAGOSTO 2013
CELEBRAMOS O MAGOSTO | |||||
Comín comín, comín moitas castañas. Bebín, bebín, bebín, bebín vasos de leite. Xoguei, xoguei xoguei... |
|||||
As nenas e nenos do 1º ciclo de EP cantamos e bailamos, celebrando a festa do Magosto, "As abelliñas de Miguel"
|
|||||
Os do 2º ciclo pasámolo ben co xogo tradicional "As castañas van caendo"
|
|||||
E os maiores interpretamos con diferentes instrumentos a canción "Comín, comín" e todo o colexio acompañouños cantándoa.
|
|||||
Neste colexio tamén somos uns artistas porque cada clase fixo unha castaña grande. Só ía ser indultada de ser queimada unha, a máis bonita, pero... TODAS ERAN PRECIOSAS!!!! MIRÁDEAS! |
|||||
I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO "CORRE POR FERROL"
I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO "CORRE POR FERROL" |
||||||
O domingo 3 de novembro temos a oportunidade de demostrar a nosa solidariedade e, ademais, de practicar unha forma saudable de vida: o deporte. A carreira "Corre por Ferrol" espérase que sexa a máis concurrida do ano e máis que unha competición é unha actividade solidaria, que destinará íntegramente os seus fondos á ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO. Haberá categorías inferiores (desde 50 metros, 500 e 1.000) e absolutas (5 km a partir de cadetes). Non se trata dun evento competitivo senón solidario. Trátase ademais dunha carreira familiar na que poderán participar nenos e tamén maiores, aínda que sexa camiñando. A carreira recorrerá as rúas e zonas más emblemáticas da cidade e completarase con outras actividades lúdicas e deportivas. A inscripción dos adultos terá un coste de 5€ ou 7€, dependendo se contan ou non co chip amarelo. Os participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa.
|
||||||
As inscipcións poderán realizarse:
|
||||||
O prazo de inscripción e pago finalizará o xoves 31 de outubro de 2013 ás 19:00 horas. |
||||||
A retirada de dorsais, chip e camisetas:
|
||||||
A saída será ás 11:00 horas na Rúa Real á altura da Praza de Armas. | ||||||
APERTURA DA BIBLIOTECA: 2013/2014
CELEBRACIÓN: "125 ANIVERSARIO DO SUBMARIÑO DE ISAAC PERAL"
PREMIO FIN DE CARREIRA PARA UN ANTIGO ALUMNO DO ISAAC PERAL
UN ANTIGO ALUMNO DO ISAAC PERAL: GUILLERMO GONZÁLEZ LÓPEZ |
||||||
O pasado día 20 de setembro tivo lugar a graduación da promoción 2007-2013 na Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid. Nese acto, o decano impuxo a muceta de número un da súa promoción a Guillermo González López, por ser o mellor expediente académico da cadraxésima promoción de médicos desa facultade.
O xa doutor Guillermo González foi alumno do colexio Isaac Peral durante toda a súa infancia, dende o ano 1992 ata o 2001, no que rematou a Primaria. E xa nesa etapa educativa, no 6º curso, quedou finalista nun Rally Matemático pasando á fase provincial. Constitúen un motivo de orgullo para todos nós os éxitos académicos e profesionais de todas esas persoas que, nos primeiros anos da súa infancia, toda a comunidade educativa do Isaac Peral contribuíu a formar.
PARABÉNS A GUILLERMO, Á SÚA FAMILIA E A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!
|
||||||