CREACIÓN DUN SITIO WEB CON GOOGLE SITES | |||
Google Sites é unha aplicación gratuíta ofrecida por Google. Esta aplicación permite crear un sitio web dunha forma tan sinxela coma editar un documento. Con Google Sites os usuarios poden reunir nun único sitio e, dunha forma rápida, información variada incluidos vídeos, calendarios, presentacións, arquivos adxuntos e texto. Además, permite compartir información con facilidade para vela ou editala por un grupo reducido de profesores, alumnado, familias ou con todo o mundo. Premendo na imaxe accédese a un titorial para a creación dese sitio web. |
|||
VÍDEO EXPLICATIVO | |||
|
|||
"GUÍA PARA EL DOCENTE GOOGLE SUITE: MEET, SITES y CLASSROOM" Nesta guía podemos atopar o titorial de GOOGLE SITE, ademais dos titoriais de MEET E CLASSROOM
|
RECURSOS TIC
GOOGLE SITES: CREACIÓN DUN SITIO WEB
ACTIVIDADES PARA O INICIO DUN CURSO DIXITAL
BLOGS DE RECURSOS
BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO | ||
Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza, así coma o blog de lectura na rede. Para acceder premer nas imaxes |
REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS
REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS | ||
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ten a disposición de toda a comunidade educativa o repositorio de contidos educativos onde podemos atopar cantidade de recursos clasificados por idioma, tipo ou área. Coa última actualización, o REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS conta con 1.942 recursos en varios idiomas e para diferentes niveis educativos. Todos os recursos poden ser descargados e incorporados nas aulas virtuais dos centros. Para acceder premer na imaxe |
AULA ABERTA ABALAR
AULA ABERTA ABALAR | ||
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia pon á nosa disposición a "AULA ABERTA ABALAR", un espazo onde podemos atopar contidos e materias formativos clasificados en catro áreas temáticas: Edixgal, GNU/Linux, Videotitoriais e Abalar. |
||
ACCESO ÁS DISTINTAS ÁREAS TEMÁTICAS | ||
"TOPOROPA", XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA
XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA | ||
Toporopa é un portal dirixido ao alumnado do último ciclo de Primaria e secundaria para que repasen e aprendan novos coñecementos relacionados coa xeografía a partir de 18 xogos: Países de Europa, Ríos, mares, cadenas montañosas... Pódese áceder á paxina premendo na imaxe. |
||
BUSCADORES SEGUROS
BUSCADORES SEGUROS DE INTERNET PARA NENOS E NENAS: "HABELOS, HAILOS!" | ||
A necesidade de protexer a nenos e nenas de contidos impropios é unha razón para ter buscadores especiais apropiados a eles. É por iso que tendo en conta a Educational Technology and Mobile Learning recomendamos os seguintes buscadores:
|