Curso 23 - 24
INICIO DE CURSO 24-25
COMEZO DO CURSO 2024 - 2025 | |||||
DATAS DE COMEZO DAS CLASES | |||||
- Día 11 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:
Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto. Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.
Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.
A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.
|
|||||
SERVIZO COMEDOR 2024 - 2025 | |||||
|
O servizo de comedor comezará o mércores, día 11 de setembro. O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa "ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA". |
||||
Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30. O prezo do almorzo é de 2,42 € e o do xantar 5,46 € por comensal e día. O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poden solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol. Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial. O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor. O alumnado pode facer uso do servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico. Como novidade deste curso, cada alumno/a poderá anotarse para facer uso deste servizo ou cancelalo como máximo ás 18 horas do día anterior lectivo. A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais. Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal. Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo soporteapp@colechef.com ou chamando ao teléfono 942 420 018.
Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.
Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.
|
|||||
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES | |||||
Informarase acerca das actividades extraescolares mediante unha circular informativa. |
|||||
OFICINA DO CENTRO | |||||
Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h. Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro. Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica. Teléfonos de contacto: 881 93 02 10/18 Xornada non lectiva: a partir do 11 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal |
|||||
23 - 24 Mareiriña
NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ESCOLAR MAREIRIÑA | |||
Un novo curso acaba de rematar e con el unha nova edición da nosa revista escolar Mareiriña. Nela podemos atopar dende novas ata traballos realizados con moita ilusión polo noso alumnado: contos, poesías... |
|||
|
MEMORIA FINAL DE CURSO 2023 - 2024
FESTIVAL DE FIN DE CURSO NO TEATRO "JOFRE" - Xuño 2024
O 18 de xuño, no teatro "Jofre", celebramos o festival de fin de curso. Un día de moitos nervios, pero moita ledicia, tanto para o profesorado que puido disfrutar coas actuacións do seu alumnado como para as familias que puideron ver o ben que o fixeron os seus fillos e fillas. Fixéronse dúas quendas de actuacións, unha pola mañá na que actuaban os grupos A de cada curso e outra pola tarde cos grupos B. Debido ao aforo do local, foi imposible facer unha soa quenda como tampouco repartir máis entradas por familia. Pero .... a pesar deses inconvintes ... FOI UN DÍA INESQUECIBLE! Queremos dar o noso agradecemento ao Concello de Ferrol por darnos a oportunidade de levar a cabo este festival de fin de curso nun marco incomparable como é o Teatro Jofre. Premendo na imaxe accédese aos vídeos das actuacións |
EXCURSIÓNS DE FINAL DE CURSO
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DO COMEDOR ESCOLAR. CONCELLO DE FERROL
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E AO COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE FERROL | ||
NO BOP do 27 de maio saiu publicado a convocatoria por parte do Concello de Ferrol da concesión de axudas de prestacións de carácter asistencial, en concreto, axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar para o curso 2024 - 2025. O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles dende dita publicación. As solicitudes presentaránse no CONCELLO DE FERROL. |
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CURSO 2024 - 2025 | ||
Un dos obxectivos fundamentais do noso centro é facilitar a adaptación do alumnado novo, e moi especialmente do alumnado de 3 anos. O benestar das familias, e máis concretamente o do noso alumnado, é unha das nosas principais prioridades. Neste documento que presentamos a continuación poderán atopar, tanto información sobre normas de funcionamento do centro, coma suxerencias para facilitar a incorporación do alumnado a esta nova etapa que vai comezar. |
||
Período de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
|
2023-24 CERTAME DE POESÍA E IMAXE
|
|
Outro ano máis,o alumnado do Isaac Peral participa no XXIV Certame de Poesía e Imaxe convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferroltera. Este é o alumnado de 3º A que resoltou gañador:
MOITOS PARABÉNS!!! |
||||||
Avaliación de diagnóstico 4º E.Primaria
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 4º PRIMARIA 2024 | ||||
No DOG do 23 de febreiro de 2024 saiu publicada a Resolución do 14 de febreiro pola que se dictan as instruccións para o desenvovemento da avaliación de diagnóstico de 4º de Primaria. - Realizarase os días 10 e 11 de abril en horario de clase. - Avaliaránse a competencia lingüística e a competencia matemática. - As probas terán un caracter informativo e orientador. - Emitirase: - Un informe do centro. - As familias serán informadas dese informe polas titoras. Para acceder a AVALÍA premer na imaxe. |
|
RECURSOS ROSALÍA DE CASTRO
|
||||
O día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro, poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán. Premendo na imaxe accedemos á nosa páxina web adicada a Rosalía. |
||||
RECURSOS DE ROSALÍA DE CASTRO | ||||
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca do noso centro preséntannos unha selección de recursos desta gran escritora: Biografía, obras, actividades, unidades didácticas... |
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O período de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2024 - 2025 é do 1 ao 20 de marzo. A elección do centro educativo é unha decisión moi importante. Por iso, fixamos dúas datas de portas abertas nas que invitamos ás familias a vir a coñecernos. Visitarán as instalacións, coñecerán as directrices xerais do noso proxecto educativo, resolverán dúbidas sobre a admisión do alumnado e calquera outra cuestión que poderamos resolver. |
||||
|
||||