O 18 de xuño, no teatro "Jofre", celebramos o festival de fin de curso. Un día de moitos nervios, pero moita ledicia, tanto para o profesorado que puido disfrutar coas actuacións do seu alumnado como para as familias que puideron ver o ben que o fixeron os seus fillos e fillas. Fixéronse dúas quendas de actuacións, unha pola mañá na que actuaban os grupos A de cada curso e outra pola tarde cos grupos B. Debido ao aforo do local, foi imposible facer unha soa quenda como tampouco repartir máis entradas por familia. Pero .... a pesar deses inconvintes ... FOI UN DÍA INESQUECIBLE! Queremos dar o noso agradecemento ao Concello de Ferrol por darnos a oportunidade de levar a cabo este festival de fin de curso nun marco incomparable como é o Teatro Jofre. Premendo na imaxe accédese aos vídeos das actuacións |