Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Listaxes Provisionais admisión 2017/2018

Publicamos a listaxes provisionais de admitidos para o próximo curso. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

 

Listaxe 4º de Educación Infantil.

Listaxe 6º de Educación Infantil.

Listaxe reserva centros adscritos (1º de Primaria).

Listaxe 1º de Educación Primaria.

Listaxe 3º de Educación Primaria.

Listaxe 5º de Educación Primaria

 

Semana da froita

Do 20 ao 24 de marzo tivemos a segunda "semana da froita" deste curso.

Todos estes días repartiuse froita entre o alumnado nas merendas do recreo.

Esta iniciativa pretende fomentar o consumo destes alimentos entre os/as rapaces/as, mellorando os seus hábitos de alimentación. Mazá, pera, plátano, amorodo e mandarina foron as froitas de tempada escollidas nesta ocasión.

Nalgunhas clases aproveitaron para elaborar unha ensalada de froitas que encantou, incluso aos que non lles gusta a froita.

Animádevos a facelo na casa!!!!!

 

 
   

"O Segredo do Bosque"

O mércores, día 15, terá lugar a presentación do documental "O segredo do Bosque" , estreado fai poucos meses, ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta película obtivo o primeiro premio na Bienal Internacional de Cine Científico de Ronda.

O documental, rodado integramente en Guinea Ecuatorial, está inspirado nun conto africano que lanza unha mensaxe de protección á natureza.

Contaremos con Rocío Cadahía Fernández e Antonio Grunfeld Rius , responsable do guión e  director do filme respectivamente, para amosar esta historia aos nosos rapaces e rapazas e dar resposta ás súas preguntas e inquedanzas.

 

Festival Atlántica en Brión!!!

Como  vai sendo tradicional (quinta edición), o Festival  internacional Atlántica  de Narración Oral que se celebra ao longo dos días  15 ao 19 de marzo en Santiago,volve a recuncar no noso centro.

O programa deste ano é moi interesante!!!

Martes 14 marzo
Claudia Fonseca (Brasil) para Infantil (11 h.)
 
Mércores 15 marzo
Pablo Albo (Alicante) para 3º e 4º de Primaria (10:15 h.)
 
Venres 17 marzo
Sofía Maul (Madeira) para 1º e 2º  de Primaría (11 h.)
Vitor Fernandes de Trás Os Montes (Portugal) para 5º e 6º de Primaria (11 h.)
 

Día de Rosalia de Castro

O día 24 de febreiro ao chegar á escola, agardábamos unha sorpresa: A anpa Andaravía para conmemorar o nacemento da escritora galega montou un Photocall na entrada do centro.

Moitos nenos e nenas, pais e profes puideron fotografarse con carautas de Rosalía ou portando algún dos títulos das súas obras. As fotos quedaron moi divertidas!!!

Grazas a anpa do cole por dinamizar esta conmemoración!!!

Prazas Vacantes curso 2017/18

Vacantes para o curso 2017/18

Nivel  educativo                           

Nº de vacantes

    4º Infantil  50 (6 reservadas para alumnos con NEE)
    5º Infantil  16
    6º Infantil  2
    1º primaria

 2  (reservadas para alumnado con NEE)

    2º primaria  6
    3º primaria  0
    4º primaria  0
    5º primaria  13
    6º primaria  11

Entroido 2017

MADAMAS E GALÁNS EN PEDROUZOS

O pasado mércores, 15 de febreiro, visitáronnos dúas parellas de Madamas e Galáns de S. Adrián de Cobres. Bailaron dúas danzas tradicionais galegas para todo o alumnado.

As Madamas levaban moitos colares e ao bailar facÍan moito ruÍdo.

Despois, os de terceiro, fomos á biblioteca. Contáronnos como facían o traxe e fixémoslles moitas preguntas. Tamén nos explicaron: como se poñian os traxes, como facían o sombreiro, como cosían os abalorios, como se sacaban o traxe... Eran moi vistosos.

Algunhas das cousas que máis nos impresionaron foi que levaban moreas de abalorios por todo o corpo e que o sombreiro podía pesar ata 9 kg.

Alejandra e Laura S., alumnas de 3º

 

 

 

Os mandados do Entroido

Para ir quentando motores, estes son os mandados da próxima semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut