Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Sorteo “English Week”

 

 SELECCIÓN de alumnado para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week

 Realizado o sorteo entre o alumnado de 6º de primaria que solicitou participar na   convocatoria, xuntamos o arquivo coas listaxes correspondentes.

 

 

Listado Alumnado Actividades Extraescolares

 

No documento adxunto, poderedes ver como queda configurado o listado de actividades extraescolares. 

Cos datos que temos, a actividade de Pre deporte, non se realizaría por non acadar o número mínimo de participantes. A Empresa encargarase de notificarllo telefónicamente ás familias afectadas.

Na actividade de Xadrez, fixéronse reubicacións de alumnos atendendo ao criterio preestablecido de iniciación e perfeccionamento. Polo tanto as familias que vexan modificado o horario que pediran na solicitude deben valorar se lles encaixa o cambio. 

En canto ao resto de actividades, queremos informar que todas elas continúan con prazas vacantes, incluída as de Piscina. Deste xeito as familias que o desexen poderán matricularse aínda ao longo do curso escolar.

 

 

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O MEC publicou no BOE do 14 de agosto a convocatoria das axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19. O prazo de presentación remata o día 27 de setembro. As solicitudes poden presentarse no centro.

Convócanse  axudas directas para alumnado con transtorno por deficit de atención, discapacidade ou transtorno grave de conduta que requiran apoio ou atención educativa específica.

(ver convocatoria)

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Horarios das reunións do primeiro trimestre

4º infantil

 7 setembro (17:30h) - 1 outubro 18:00h.)

5º infantil

17 setembro (17:30h)

6º infantil

8 outubro ( 17:30h)

1º primaria

6 de setembro (17:30h)

2º primaria

17 setembro (17:30h)

3º primaria

24 setembro (17:30h)

4º primaria

24 setembro (17:30h)

5º primaria  18 setembro (17:00h)

 6º primaria

  1  outubro (18:00h)

 

 

Listaxes alumnado por grupo/aula. Curso 2018/19

Listaxes do alumnado por grupos/aula no curso 2018/19.

Período de adaptación 4º de infantil

Xuntamos organización do período de adaptación de 4º de infantil

4ºINF-A 4ºINF-B

Reunións familias alumnado 1º de primaria e 4º infantil

Reunión familias alumnado 1º primaria: Xoves 6 de setembro, ás 11 horas na biblioteca do centro

 

Reunión familias alumnado 4º infantil (periodo de adaptación): Venres  7 de setembro, ás 11 horas nas aulas de cuarto de Infantil

Listaxe definitiva Fondo Libros

Publicamos a listaxe DEFINITIVA das axudas na participación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 9 de maio de 2018. Estas axudas corresponden ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Ao alumnado que aparece nas listaxes entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados. O caderno de traballo de inglés deberán compralo ao non estar no fondo de libros (listaxe de libros).

Listaxes definitivas do servizo de comedor 2018/19

 O Consello Escolar do martes, 24 de xullo de 2018, acordou:

 1-Publicar as listaxes de usuarios de servizo de comedor

 2-Habilitar un espazo provisional na entrada de infantil ampliando as prazas de servizo de comedor ata un máximo de 386 comensais

3-Non aceptar a proposta de eliminar a entrada de infantil como espazo educativo, sustituíndoo por un espazo cuberto diante da cociña.

 4-Solicitar a Consellería a actualización das Becas de usuarios do servizo de comedor, axustándo o número de comensais aos espazos dispoñibles nos dous comedores.

Fondo solidario LIBROS DE TEXTO

Publicamos a listaxe provisional das axudas na participación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 9 de maio de 2018. Estas axudas corresponden ao alumnado de 3º e 4º de primaria, lembramos que en 5º e 6º de primaria o centro participa no proxecto Edixgal. Non houbo ningunha solicitude excluída. As listaxes definitivas publicaranse o luns 16 de xullo.

A entrega dos libros ao alumnado beneficiario farase en setembro, unha vez iniciado o curso.

Os beneficiarios de vales para compra de material escolar e para libros de texto en 1º e 2º de primaria poden pasar polo centro a recoller os vales ao longo do mes de xullo (9:30 h. a 14:00 h) ou en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut