Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Festival "FIN DE CURSO" - Paco Nogueiras

Radio "Bulebule" de Paco Nogueiras.

Libros texto curso 2018/19

Listaxe dos libros de texto para o curso 2018/19

(ligazón)

Calendario Escolar 2018/19

Acceso ao calendario escolar  publicado pola Consellería de Educación para o curso 2018/9.

Faltan por fixar festivos locais. Probablemente,  xoves 27 de setembro 2018 (Santa Minia) e xoves 30 de maio de 2019 (Ascensión).

O martes, 19 de marzo de 2019, é festivo autonómico, polo que non será día lectivo. O luns 18 non se fará ponte, polo que teremos clase e servizos complementarios.

(ligazón)

Matrícula alumnado curso 2018/19

O prazo para formalizar a matrícula do alumnado que  foi admitido no noso centro para o curso 2018/19 ábrese o día 20 de xuño. Ata o 30 deste mesmo mes pódese recoller e entregar a documentación na secretaría do centro.

O horario de secretaría: 9:30 h. a 14:30 h. Luns a Venres

No caso de solicitar comedor e transporte, deberán presentar a seguinte documentación no momento de formalizar a matrícula.(ligazón)

Solicitude servizos complementarios: comedor e transporte

Documentación que deberá entregar o alumnado matriculado no centro ata o 22 de xuño segundo o que solicite:

 

Non solicita servizos complementarios

Solicita transporte Solicita comedor
Solicitude  servizos complementarios X X X
Autodeclaración comedor X X X
Declaración responsable domicilio   X X
Documentación baremo     X
Outros documentos     X

Proxecto Abalar: Navega con rumbo - 2018

O  luns, 21 de maio, na biblioteca do centro,  ao longo da mañán e ás 17:30h. da tarde haberá charlas  divulgativas sobre internet e o uso seguro e responsable da rede,  dirixidas ao alumnado, profesorado e pais/nais, titores/as responsables do alumnado do centro.

As conferencias enmárcanse dentro das charlas divulgativas ABALAR que pretenden  xerar coñecemento na comunidade escolar. Creemos moi importante a participación de pais e nais, de xeito que os nenos e nenas os poidan considerar unha referencia á hora de consultar dúbidas ou situacións comprometidas e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.
As charlas serán impartida por Mario Barcala, pai de alumno do centro,  do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a duración será aproximadamente dunha hora.
Agardamos a súa presenza

Dirección do centro – Coordinación Abalar

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

A ANPA Andaravía solicita a Creación dun Consello Escolar Municipal

Representantes da ANPA Andaravía xunto con representantes doutras ANPAs de Centros de Ensino do Concello de Brión, rexistraron esta mañá unha solicitude para a creación dun Consello Escolar Municipal, que sexa o órgano de debate, consulta e participación para planificar a política educativa do Concello.

 

23 abril: Día do libro

Rodeámonos de historias

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO

Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso escolar 18/19 aprobadas no Consello Escolar celebrado o día 16 de abril.

Lembrar que todos estes alumnos/as terán que formalizar a matrícula a partir do 20 de xuño ata o día 30 deste mesmo mes.

Listaxe

4º Infantil

 Listaxe

 5º Infantil

 Listaxe 

1º Primaria

 Listaxe 

3º Primaria

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut