Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS

As coidadoras do comedor e persoal non docente do centro veñen de rematar un cursiño de primeiros auxilios desenvolto no centro en tres sesións de dúas horas cada unha. Rubén Martínez Suárez, que traballa no servizo da atención médica do 061 foi o encargado da Formación.

O curso, eminentemente práctico, proporcionou aos asistentes nocións básicas sobre o modo de proceder en caso de traumatismos, feridas, lesións, atragantamentos, parada cardiorrespiratoria e perdida da conciencia.

Agradecemos a participación e a interese no cursiño ás colaboradoras do comedor e a Rubén que de xeito desinteresado proporcionounos esta formación así como os materiais que se empregaron ao longo da actividade.

Almanaque solidario

Este é o segundo ano que colaboramos co Colectivo Estiño na elaboración dun almanaque anual adicado nesta ocasión as sobremesas doces.

Moitos son os centros escolares da nosa Comunidade que participan nesta iniciativa. O recaudado coa venda dos calendarios está destinado a proxectos sociais desenvolvidos en Nicaragua.

Así de chulo quedou, a ver se atopades o noso sabroso flan!!!!

Constitución Consello Escolar 2016/17

Publicamos a acta da 3º xuntanza da Xunta Electoral para o proceso de renovación do Consello Escolar.

Novos representantes elixidos:

PAIS/NAIS PROFESORADO PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Vicente Fornés Picher
Mª José Rodríguez Vázquez

Mercedes Calvo Pallas

Amelia Martínez Rios

Mª Helena Nieto Barreiro

Begoña Lores Castrelo

Representantes designados pola ANPA e CONCELLO:

Teresa Andrade Carrillo (ANPA)

Yolanda Bouzas Alfonsín (CONCELLO)

O novo Consello Escolar do centro constituirase o próximo luns 5 de decembro de 2016

 

 

Curso de Manipuladores de alimentos

O venres 18 de novembro, celebrouse no noso cole o cursiño de manipuladores de alimentos no que participaron as nais/pais colaboradores do comedor. Agradecer a anpa Andaravía a súa colaboración ao asumir a metade dos custes desta actividade.

Celebramos o Día do peón

O venres 11 de novembro todo o alumnado do colexio celebramos o Dia do peón.

 Primeiro fomos á biblioteca ver un vídeo de como se fan os trompos tradicionais e despois saímos ao patio. Aos de 4º tocounos no campo vermello, e alí xogamos a chepa, ao relevo, ao truco e por último tiramos o trompo todos xuntos para facer un vídeo.

 Pasámolo xenial !!

 Álex Blanco

"Polo San Martiño, peóns ao camiño"

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por todo o colexio.

(ver fotos)


 

As cabazas do Samaín

Na entrada dos edificios de Primaria e de Infantil están instaladas as exposicións de cabazas realizadas polos nosos nenos e nenas axudados polas súas familias. Tedes ata o venres para visitar esta marabillosa mostra.

Ver fotos

 

O Día dos Mortos

 

Do departamento de inglés do cole xurdiu a idea de traballar esta tradición que sendo de orixe mexicana, está impoñendose na cultura anglosaxona.

O martes 25, Eduardo Rojas, escritor e pai dunha alumna de terceiro dará unha charla ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria sobre a orixe desta mostra cultural indíxena.
Montaremos un Altar dos Mortos típico desta conmemoración na planta primeira que decoraremos con:

  • Picados e flores de papel que fáran nas sesións de plástica.
  • Calaveritas de azucre.
  • Catrinas ou Calaveras Garbanceras realizados nos obradoiros que terán lugar nos recreos desta semana
  • Calaveritas literarias feitas nas titorías

 (ver fotos)

Menús 1º trimestre curso 2016/17

Xuntamos os menús do comedor escolar para os meses de outubro, novembro e decembro.

 

Menú Comedor mes de setembro

Xuntamos menús para o comedor escolar para o mes de setembro do curso escolar 2016/17. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Distribuir contido


by Dr. Radut