Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Axudas libros de texto e material escolar. Fondo de libros. 2016/17

Resumo da ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolarcurso escolar 2016/17.

 A-FONDO SOLIDARIO ( 3º, 4º, 5º e 6º de primaria)

 A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Festa das Letras Galegas na Carballeira

A semana adicada ás Letras Galegas  pechouse cunha gran Festa na Carballeira de Santa Minia, o venres 20 de maio. Todas as actuacións xiraron arredor da figura do poeta chairego Manuel María. Incluiron poesía, música, baile e canto tradicional. Participou todo o alumnado do CEIP de Pedrouzos, escolas unitarias e algúns grupos do IES Brión.

Agradecemos a colaboración do concello, de protección civil e policia Local na organización desta actividade e a participación da escola de música e baile das actividades extraescolares e do grupo folclórico de Brión. (máis fotos)

Listaxes definitivos do alumnado admitido curso 2016/17

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2015/16 foi admitido.

As familias do alumnado admitido deberá formalizar a  matricula  do 20 ao 30 de xuño na secretaria do centro.

 Documentación      Impreso formalización matrícula

De momento non podemos informar sobre a situación das solicitudes de servizos complementarios, transporte e comedor.

 

Listados definitivos admisión Infantil

Listados definitivos admisión Primaria

Letras Galegas 2016 Manuel Maria

As Letras Galegas 2016 son adicadas ao escritor Manuel María, poeta da Terra Chá.

No CEIP de Pedrouzos quixemos facer unha homenaxe a este escritor facendo diferentes traballos coma un almanaque coas súas poesías ilustradas polo alumnado e a elaboración de gaiolas decoradas con poemas do autor.

O venres, día 20 de Maio, compartiremos  a Festa das Letras cos outros centros educativos do Concello. Realizando un encontro-recital no que participará todo o alumnado así como o grupo de baile e música tradicional galego das actividades  extraescolares do Concello.

 

O invernadoiro

Por fin, o sementado comeza a dar os seus froitos.

Os primeiros produtos da nosa colleita xa están listos para degustar.

Aquí temos un bo exemplo coas leitugas que plantaron os nenos e nenas de infantil.

leituga 

Seguimos con boas novas !!!!

Estamos moi orgullosos e orgullosas do noso alumnado!!

No XIII Certame Literario de Ames foi premiada na modalidade Narrativa a alumna de quinto de primaria Sofía Álvarez Castro co traballo titulado "Memorias da señora Cupcake". Na modalidade de Poesía obtivo un segundo premio Daniel Souto Pazo, ex-alumno do centro e que na actualidade cursa 1º da ESO no IES de Brión.

PARABENS A ESTES FUTUROS ESCRITORES!!!

Campión de España Infantil de Piragüismo

 
O ex-alumno do centro, Luís Guilbert Pérez do Club Ribeiras do Tambre, acaba de vir de Sevilla vencedor do III Campionato de España Infantil.

Cunha saída precipitada, polas malas condicións do tempo, Guilbert inicio a escapada na segunda volta, nunha proba na que participaron 78 palistas, na categoría K-1 Infantil B (13 anos), no Campionato de España sobre a distancia de 3.000 metros celebrado este domingo 8 de maio en Sevilla, en augas do río Guadalquivir.
PARABENS  LUIS !!!
 
 

Charla sobre acuicultura

O biólogo Rubén Faraldo estivo no noso Centro para falarnos de acuicultura, que é a técnica e actividade do cultivo de especies animais e vexetais acuáticas.

Explicounos sobre todo o proceso da cría do rodaballo e do linguado, especies  que o alumnado do 2º ciclo  puido ir observando durante esta semana nun pequeño acuario que Rubén nos instalou nunha aula.

Para rematar, todos puideron  tocar os peixes e darse conta de que os linguados teñen escamas e os rodaballos non.

Falando do Quixote con Raquel Queizás

 

Este luns, o alumnado de 3º e 4º puido disfrutar da presenza de Raquel Queizás na biblioteca do colexio, que veu para contarnos algunha aventura de don Quixote e do seu escudeiro Sancho. Axudáronlle nesta tarefa varios nenos e nenas, que o fixeron fenomenal.

Raquel fixo que esta sesión de contacontos fora moi divertida e que o noso alumnado quedara con ganas de saber máis desta obra da literatura universal.

DÍA DO LIBRO

Este ano conmemoramos o día do libro coa representación, o venres 22 de abril, dunha obra de teatro de Xosé Neira Vilas, "O espantallo amigo" polo grupo de teatro OS QUINQUILLÁNS. Ao remate da actuación os nenos e nenas recibirán un agasallo literario.

Para facelo posible colaboraron o Concello de Brión, a Anpa do centro, Andaravia, e a editorial Galaxia.

O noso agradecemento a todos eles.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut