Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

2ª reunión Xunta Electoral (IV)

20/11/2018 14:30

Convocada a 2ª reunión da Xunta Electoral, co seguinte orde do día:

Lectura e aprobación se procede da acta da anterior xuntanza
1-Proclamación de candidaturas de pais/nais/titores/as
2-Proclamación de candidaturas do profesorado
3-Proclamación do representante da ANPA e do representante do Concello
4-Deseño e aprobación de papeletas electorais e normas para a papeleta da ANPA se así a solicitase
5-Designación de representantes pais/nais para a mesa electoral

 

 

 

25 novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

21/11/2018 10:32
23/11/2018 10:32

 O vindeiro 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Na escola querémonos sumar á celebración desa data pois pensamos que é moi necesario concienciar, dende os inicios, da tolerancia cero cara a calquera tipo de violencia. Nesta ocasión queremos facer un  mural-exposición-repesentación durante os días 22 e 23. Para a celebración contaremos cos zapatos vermellos que dende as familias poidades aportar; se tedes algún par de zapatos ou zapatillas vermellas mandádeos co nome para telos ben identificados.

Cremos que esta actividade propicia tamén que se fale nas vosas casas deste tema, que se dea difusión, que cada vez sexamos máis @s que digamos NON.

Magosto

16/11/2018 12:19

Por fin, Magosto!!!

 

Castañas, xogos  e festa rachada!!!!!

 

 

(ver fotos)

 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (III)

 1ª Reunión Xunta electoral:

Hoxe martes celebrouse a primeira reunión da Xunta electoral, contituíndose, aprobando o calendario electoral e abrindo o periodo de presentación de candidatura.

Xuntamos documento para a inscripción de candidaturas, que deberán entregar debidamente cumprimentado na secretaría do centro se desexan presentar a súa candidatura.

As cabazas do Samaín

Na entrada de primaria e no corredor de acceso a Infantil están expostas as cabazas do Samaín.

Este ano xiran en torno ao tema do proxecto de investigación "A saúde e a alimentación"

Como outros anos a colaboración das familias foi fantástica!!!

(acceso á galería)

Listado definitivo dos candidatos e candidatas á Xunta Directiva.

Publicamos no documento adxunto a relación de candidatas e candidatos que formarán parte da nova Xunta Directiva da ANPA. Tal e como estaba previsto no regulamento, ao non cubrirse os 15 postos da Xunta, todas as persoas que se presentaron formarán parte directamente da Xunta Directiva, dándose por concluído o proceso electoral.

 

Carreira solidaria

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria "Gotas para Nixer". Todo o alumnado e profesorado do centro participou nesta iniciativa de Unicef que ten como obxectivo dar a coñecer o dereito á auga e á educación neste país africán. Aportamos as nosas "pingas" recaudando 540€ que serán enviados a Unicef para apoiar o traballo que están a realizar na distribución de auga potable  e construcción de letrinas nas escolas de Nixer.

(ver fotos)

(información campaña)

 

 

No Samaín, contos de medo!!!

Todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo que agardan para ser contados o día 31 de outubro, véspera da conmemoración do Samaín.

Os/as improvisados/as contadores serán mestres/as do centro que ese día transformaranse en terrorríficos narradores. Ao longo desta semana o alumnado, acompañado polo seu titor/a percorreu os corredores para ver as portas e anotarse "os/as máis valentes" nalgún deses contos.

Agradecemos a colaboración da anpa Andaravía na realización deste vídeo.

Nova Xunta Directiva

 Prezadas familias 

 

Tal e como estaba previsto, o Martes 23 de Outubro finalizou o prazo para presentar as candidaturas á Xunta Directiva. 

Ao non acadar o número máximo, proclámase automáticamente como Xunta Directiva e dase por finalizado o proceso electoral.

 

Achegamos documento da nova Xunta

 

un saúdo.

 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (II)

Contituída a Xunta electoral para a renovación do Consello Escolar.

Feito os sorteos nos distintos sectores, a mesa queda constituída da seguinte forma:

Presidente: José Antonio Martínez Lista

Representante profesorado: Narciso Rodríguez García

Representante pais/nais/responsables alumnado: José Antonio Gómez Fraguela

Representante persoal non docente: Estrella María Lema Silva

O próximo martes, 6 de novembro,  a Xunta electoral reunirase para establecer o calendarío electoral.

18 de outubro de 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut