Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Maricarmen Sandá, conserxe do colexio

Esta madrugada morreu a que foi conserxe do centro, durante case vinte anos do centro, Dona Maricarmen Sandá Barbazán.

A  comunidade Escolar do Ceip de Pedrouzos lamenta a súa perda e acompaña á familia na súa dor.

O seu funeral será mañá, domingo, 17 de febreiro,  as 13 horas, na igrexa de Viceso

Reserva praza curso 2019/20

A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de centros adscritos:

 EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns - EEI da Igrexa.

 Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

 Do 1 ao 15 de febreiro

 Documentación:

 Xuntamos o ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos.(Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 Xuntamos documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviose a través do alumnado ás familias).

A reserva de praza para os centros adscritos, tanto unitarias como alumnado de 6º de primaria, poderá facerse telemáticamente a través da aplicación "admisión alumnado"(Ligazón)

 PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro nin nas escolas adscritas: Abrirase o periodo do 1 ao 30 de marzo

Anexo 1

Centros adscritos

alumnado 6º primaria

Información reserva

Centros adscritos

 

Solicitude reserva

alumnado Pedrouzos

 

Os nenos e nenas de Brión na TVG

Nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo de primaria forón entrevistados polos reporteros do programa  "Fun polo aire"  que se emíte de 17.30 a 18.15 e de 19.30 a 20.15 na TVG.

Aqui podedes ver un pequeno adianto destes simpáticos vídeos!!

 

 

Comedor escolar: Colaboradores/as

Comunicamos que se produciron varias baixas entre os pais/nais colaboradores do servizo de comedor por incompatibilidade cos seus horarios laborais.

Necesitamos urxentemente pais e/ou nais que poidan desempeñar esta labor entre as 14:30h e as 16:30h. Nos próximos días xa non dispoñemos dos 15 colaboradores/as necesarios.

Se están dispostos a colaborar, rogamos chamen ao centro (881866083) ou no correo comedor@pedrouzos.gal

Menú 2º trimestre curso 18/19

Menús do 2º trimestre

Como novidade, incorpóranse este trimestre cinco menús de cocina internacional. Detallaranse máis adiante os pratos que os compoñen.

 

 

Nadal 2018

Este ano ambientamos esta celebración  cunha gran árbore de Nadal feita con material de refugallo. O alumnado de primaria encargouse de aportar as botellas de plástico para a construcción da árbore e o de infantil elaborou os adornos nun obradoiro que realizaron cos seus profes.

En infantil a árbore foi elaborada con materiais naturais e os adornos son dos/as nenos/as feitos coa axuda das súas familias.

 

 

Como todos os anos realizouse un concurso de postais de Nadal que se atopan expostas na entrada de primaria. Esta vez o tema suxerido foi o que se esta desenvolvendo este curso: alimentación e hábitos saudables. Na foto podemos ver as gañadoras. (ver fotos ampliadas)

Gotas para Nixer

534€ foron recaudados no centro como donación para UNICEF dentro da campaña "Carreira GOTAS PARA NIXER"

25-N DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Grazas a toda a comunidade educativa do Ceip de Pedrouzos por poder levar adiante esta iniciativa que pretende sensibilizar cara a esta lacra social que é a violencia de xénero.

 

Queremos que as nosas nenas e nenos sexan mulleres e homes respectados!!!!

 

Renovación Consello Escolar: Candidaturas pais/nais

 HOXE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De 14:30 h a 18:00h

biblioteca centro

XUNTA ELECTORAL

CANDIDATURAS PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

 

Gómez Buceta, Marcos

 

Martínez Suárez, Rubén

Nieto Camiño, Raquel

Serrano Losada, Susana

Sieira Nieto, Ana María

Sorteo dos membros da mesa electoral dos pais/nais

Na mañán do día 20 realizouse o sorteo para os membros da mesa electoral e suplentes dos pais/nais.O sorteo foi público e tivo lugar na biblioteca do centro.

Os titulares da mesa son: D. John Rafael Blanco García, Dna. Mercedes Blanco Vázquez e D. Jesús Boo Vázquez. Como suplentes: D. Marcos Boquete Landeira e Dna. Mº del Mar Botana Miranda.

A votación será o día 26 de novembro en horario de 14:30 a 18:00h

Distribuir contido


by Dr. Radut