Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Comedor escolar: Menú 3º trimestre curso 18/19

Publicamos os menús do comedor escolar para as semanas que restan ata fin de curso. Incorpóranse algúns dos pratos de comida internacional que tiveron máis éxito entre o alumnado.

Concurso deseño bolsas da merenda!!

Medio ambiente acaba de convocar un concurso de deseño de bolsas de merenda de tea para escolares de Galicia. Como xa sabedes, no centro este curso estamos a traballar sobre o coidado do medio ambiente e a redución de envases e residuos nas merendas.
Consideramos moi interesante a participación dos alumnos/as nesta campaña polo que vos animamos a participar.

Listaxes provisionais de admitidos curso 2019/20

Publicamos a listaxes provisionais de admitidos para o próximo curso. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

   Listaxe provisional admitidos   

   Listaxe admitidos procedentes das unitarias           

 

Novamente na TVG

Hoxe, 22 de marzo, entre ás 20h e as 20:40h, no programa "Fun polo aire" da TVG intervirán alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria do centro.

Comedor escolar: Menús internacionais

 

Comidas mundo

En con este menú, rematamos ca proposta de comidas internacionais para este curso. Queremos agradecer a todos/as os/as que a fixeren posible a iniciativa, preparación e posta en práctica. Grazas!, ¡Gracias!, Thank you!, Grazie!, Merci!, ευχαριστώ!, 谢谢, شكرا...

Dende o servizo de comedor escolar rematamos esta semana cos menús de comida internacional.

Deste xeito, o venres, 22 de marzo, continuamos por ÁFRICA, co seguinte menú:
1º-Tabulé con cuscús (cuscús, queixo feta, tomates, aceite de oliva, limón, perexil e pementa moída).

2º- Falafel en pan de pita con hummus (cebola, perexil fresco, cilantro fresco, allos picados, comino moído, pan relado, bicarbonato, sal, pementa negra, aceite de fritir. Pan de pita, leituga e tomate para acompañar. Hummus.

Ver receitas adxuntas.

Sobremesa- Xeado de coco.

Que aproveite! ¡Que aproveche! Enjoy your meal!

19 de marzo: festivo autonómico

Informámos que o próximo martes, 19 de marzo, será festivo autonómico, polo que non haberá clase.

O luns, 18 de marzo,  será dia lectivo neste centro educativo.

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar tiñamos programado para o venres 8 de marzo seguir cos menús de comida internacional. Pero, debido a folga con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, pospoñemos o menú do continente europeo, para o seguinte venres, 15 de marzo, coa seguinte proposta:

- Ensalada César (leituga, polo, pan torrado, parmesano e mollo César: ovo, anchoas, aceite de oliva, sal, allo, vinagre e parmesano).

- Quiche Lorreine (masa brisa, ovos, leite, panceta, queixo relado, sal).

Ver receitas nos anexos.

Postre- Macedonia (mandarina, uva e frambuesa).

Que aproveite! ¡Que aproveche! Καλη Ορεξη! Bon appétit! 

Festival de entroido "Danzas do mundo"

Venres, 1 de marzo,  festival de Entroido

Galería de fotos

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut