Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Magosto

16/11/2018 12:19

Por fin, Magosto!!!

 

Castañas, xogos  e festa rachada!!!!!

 

 

(ver fotos)

 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (III)

 1ª Reunión Xunta electoral:

Hoxe martes celebrouse a primeira reunión da Xunta electoral, contituíndose, aprobando o calendario electoral e abrindo o periodo de presentación de candidatura.

Xuntamos documento para a inscripción de candidaturas, que deberán entregar debidamente cumprimentado na secretaría do centro se desexan presentar a súa candidatura.

As cabazas do Samaín

Na entrada de primaria e no corredor de acceso a Infantil están expostas as cabazas do Samaín.

Este ano xiran en torno ao tema do proxecto de investigación "A saúde e a alimentación"

Como outros anos a colaboración das familias foi fantástica!!!

(acceso á galería)

Listado definitivo dos candidatos e candidatas á Xunta Directiva.

Publicamos no documento adxunto a relación de candidatas e candidatos que formarán parte da nova Xunta Directiva da ANPA. Tal e como estaba previsto no regulamento, ao non cubrirse os 15 postos da Xunta, todas as persoas que se presentaron formarán parte directamente da Xunta Directiva, dándose por concluído o proceso electoral.

 

Carreira solidaria

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria "Gotas para Nixer". Todo o alumnado e profesorado do centro participou nesta iniciativa de Unicef que ten como obxectivo dar a coñecer o dereito á auga e á educación neste país africán. Aportamos as nosas "pingas" recaudando 540€ que serán enviados a Unicef para apoiar o traballo que están a realizar na distribución de auga potable  e construcción de letrinas nas escolas de Nixer.

(ver fotos)

(información campaña)

 

 

No Samaín, contos de medo!!!

Todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo que agardan para ser contados o día 31 de outubro, véspera da conmemoración do Samaín.

Os/as improvisados/as contadores serán mestres/as do centro que ese día transformaranse en terrorríficos narradores. Ao longo desta semana o alumnado, acompañado polo seu titor/a percorreu os corredores para ver as portas e anotarse "os/as máis valentes" nalgún deses contos.

Agradecemos a colaboración da anpa Andaravía na realización deste vídeo.

Nova Xunta Directiva

 Prezadas familias 

 

Tal e como estaba previsto, o Martes 23 de Outubro finalizou o prazo para presentar as candidaturas á Xunta Directiva. 

Ao non acadar o número máximo, proclámase automáticamente como Xunta Directiva e dase por finalizado o proceso electoral.

 

Achegamos documento da nova Xunta

 

un saúdo.

 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (II)

Contituída a Xunta electoral para a renovación do Consello Escolar.

Feito os sorteos nos distintos sectores, a mesa queda constituída da seguinte forma:

Presidente: José Antonio Martínez Lista

Representante profesorado: Narciso Rodríguez García

Representante pais/nais/responsables alumnado: José Antonio Gómez Fraguela

Representante persoal non docente: Estrella María Lema Silva

O próximo martes, 6 de novembro,  a Xunta electoral reunirase para establecer o calendarío electoral.

18 de outubro de 2018

Sorteo “English Week”

 

 SELECCIÓN de alumnado para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week

 Realizado o sorteo entre o alumnado de 6º de primaria que solicitou participar na   convocatoria, xuntamos o arquivo coas listaxes correspondentes.

 

 

Listado Alumnado Actividades Extraescolares

 

No documento adxunto, poderedes ver como queda configurado o listado de actividades extraescolares. 

Cos datos que temos, a actividade de Pre deporte, non se realizaría por non acadar o número mínimo de participantes. A Empresa encargarase de notificarllo telefónicamente ás familias afectadas.

Na actividade de Xadrez, fixéronse reubicacións de alumnos atendendo ao criterio preestablecido de iniciación e perfeccionamento. Polo tanto as familias que vexan modificado o horario que pediran na solicitude deben valorar se lles encaixa o cambio. 

En canto ao resto de actividades, queremos informar que todas elas continúan con prazas vacantes, incluída as de Piscina. Deste xeito as familias que o desexen poderán matricularse aínda ao longo do curso escolar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut