3º e 4º nivel de Primaria

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana, lembrándovos unha vez máis que queda ao voso criterio a dispoñibilidade e a viabilidade de realizalas xa que teñen un carácter voluntario. Agradecervos de todo corazón o voso enorme esforzo e mandarvos moito ánimo!

Esta semana para o alumnado de Relixión de 3º e 4º propóñovos traballar outra parábola de Xesús "A parábola do Fillo Pródigo", pero esta vez ímolo facer a partir dun cadro do famoso pintor sevillano Bartolomé Esteban Murillo "El retorno del hijo pródigo", do ano 1670, e que se atopa na Galería Nacional de Arte de Washington (Estados Unidos). Este cadro reflicte a pasaxe bíblica na que Xesús lle explica ás persoas a misericordia de Deus, a quen presenta como un Pai Bo que sempre ama e perdoa.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES

Tamén vos deixo un video musical sobre esta mesma parábola.

 

 

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días familias,

Esta é a tarefa proposta:

Lingua Galega (lectura e información sobre o esperanto) común para ambos cursos.

Ciencias Naturais para terceiro (arquivo adxunto).

Ciencias Naturais para cuarto: Repaso Tema 1. Exercicios nº 1, 3, 5, 7 e 8  páxina 38.

Un saúdo.

 As titoras de terceiro e cuarto.

TAREFAS PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!

Comezamos unha semana máis propoñendo actividades dende a distancia, hoxe traballaremos:

LINGUA CASTELÁ: Comprensión lectora (arquivo adxunto)

MATEMÁTICAS: Cálculo (arquivo adxunto)

 

Feliz día!Sorriso

As titoras de 3º e 4º.

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola rapaces e rapazas! Ánimo que xa queda pouco!

Esta semana seguiremos coa clasificación e agrupación de voces, para o cal gustaríame que escoitarades ao grupo que aparece neste video. No arquivo adxunto vos vai unha ficha cunha serie de preguntas sobre o mesmo. Cando a teñades feita enviádema ao meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

Pentatonix- A evolución da música:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=lExW80sXsHs&feature=emb_logo

Agrupacións vocais:

https://www.youtube.com/watch?v=B0kNjJ33LKk

E, para rematar, aquí vos deixo un xogo moi divertido onde vos convertiredes en auténticos creadores musicais. Dádelle ao play e a disfrutar!!

https://www.incredibox.com/demo/v2#

Unha aperta!!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo unha semana máis as tarefas de Relixión e lembrade o seu carácter voluntario; ninguén mellor que vós para valorar a carga de traballo que teñen os vosos fillos e as vosas fillas e a viabilidade de levalas a cabo. Grazas polo voso esforzo e moito ánimo!

Para o alumnado de Relixión de 3º e 4º esta semana propóñolles unha actividade sobre unha parábola de Xesús moi coñecida para eles "A ovella perdida". Unha historia que nos ensina o valor de rectificar cando nos equivocamos, e a posibilidade que existe sempre de cambiar e mellorar como persoas. Xesús neste conto amosa a felicidade que sente por esta conversión que nos axuda a medrar como persoas.

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Bos días familias,

 

Rematamos a semana con máis propostas de traballo:

-Lingua Galega (común para ambos cursos).

-Ciencias Sociais (diferente para cada curso).

 

Recordade que na páxina central desta web tedes a información relativa a:

- Solicitudes de servizo de comedor e transporte escolar para o vindeiro curso.

- Fondo libros e axudas para libros e material escolar.

 

Moi bo fin de semana!!

As titoras de terceiro e cuarto.

 

 

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

 

Bo día familias:

Na proposta de actividades de hoxe traballaremos Ciencias Naturais e Lingua Galega:

Naturais: Seguimos a repasar os aparatos do corpo humano (ficheiro adxunto).

Lingua Galega: Uns exercicios de gramática (ficheiro adxunto).

 

Desexamos que disfrutedes destes días tan primaverais!

As titoras de 3º e 4º.

 

 

 

 

 

 

Os caracois

Na última semana que tivemos cole, recibimos herbas aromáticas e amorodos que de maneira desinteresada nos entregou unha mamá. Como podedes comprobar no blogue de Paisaxe o 13 de marzo, o último día que tivemos cole, plantamos todo isto coa axuda dos nenos que viñeron ese día ao cole. Pero uns días despois comprobamos que as herbas aromáticas desapareceran todas menos unha. Así que desde Paisaxe e Sustentabilidade queremos propoñervos unhas actividades para que coñezades mellor a quen nos comeu as nosas herbas aromáticas.

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
Moi bos días familias,
 
Arrancamos esta terceira semana do mes de maio con máis tarefas.
 
Lingua Castelá: fichas repaso de ortografía.
 
Matemáticas: problemas e operacións matemáticas.
 
Un saúdo de parte das titoras de terceiro e cuarto.

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola a todos e a todas! Nesta semana imos comezar vendo un video sobre a clasificación das voces. Sobre este video, teredes que completar unha ficha (que está no arquivo adxunto). Cando a rematedes enviádema ao meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

Lembrarvos tamén que xa están colgadas na páxina web do centro as adaptacións das programacións didácticas para este 3º trimestre ( seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020), e, entre elas, atópase a de música.

https://www.youtube.com/watch?v=8SWgoum_tR4

Para non esquecer os instrumentos musicais, aquí vos vai unha actividade de repaso:

https://view.genial.ly/5d87a3c61280a80f49a6b2c4/learning-experience-challenges-veo-veo-instrumentos

E imos rematar cunha actividade de ritmo e percusión acompañando unha canción de Queen ( o cantante é Freddie Mercury que xa víchedes no video da clasificación das voces). Para esta actividade solo necesitaredes un bolígrafo ou lápis e moito ritmo!

https://www.youtube.com/watch?v=KYro5xPl-tE&t=147s

Seguide así que o estades facendo moi ben.
Moito ánimo!

Powered by Drupal - Design by artinet