Hola rapaces e rapazas! Aquí vos deixo,unha semana máis, as actividades de música. Espero que vos gusten.
Esta semana comezamos cunha actividade de repaso dos instrumentos musicais a través do seguinte enlace. Primeiro escoitaredes un instrumento como presentación do exercicio ( ese non conta) e despois deberedes facer clic na frecha para escoitar o instrumento que teredes que adiviñar.
https://aprendomusica.com/const2/44instrumsuena/game.html
Seguimos facendo ritmos. Teredes que repetir os ritmos que se propoñen no video. Atentos e fixádevos ben!
https://www.youtube.com/watch?v=Chw8JrcTt_U
Agora vos deixo aquí un enlace no cal poderedes experimentar e crear ritmos e melodías.
https://musiclab.chromeexperiments.com/
Seguimos cun baile moi divertido que vos encherá de enerxía. Animádevos!
https://www.youtube.com/watch?v=RCgtcEz6SGk
E, para rematar, vos propoño unha actividade de volta á calma mediante un xogo de relaxación moi orixinal.
https://www.youtube.com/watch?v=GVzDW8vsfUw
Unha aperta moi grande!