TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo unha semana máis as tarefas de Relixión e lembrade o seu carácter voluntario; ninguén mellor que vós para valorar a carga de traballo que teñen os vosos fillos e as vosas fillas e a viabilidade de levalas a cabo. Grazas polo voso esforzo e moito ánimo!

Para o alumnado de Relixión de 3º e 4º esta semana propóñolles unha actividade sobre unha parábola de Xesús moi coñecida para eles "A ovella perdida". Unha historia que nos ensina o valor de rectificar cando nos equivocamos, e a posibilidade que existe sempre de cambiar e mellorar como persoas. Xesús neste conto amosa a felicidade que sente por esta conversión que nos axuda a medrar como persoas.

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net

 

Powered by Drupal - Design by artinet